Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
‹ 2014 • Unión Europea • 2024 ›
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019
23, 24, 25 e 26 de maio

Resultados
EPP Helsinki Congress in Finland, 7-8 November 2018 (43961028100) (cropped).jpg
Partido Popular Europeo - Manfred Weber
Frans Timmermans 2013 (cropped).jpg
Partido Socialista Europeo - Frans Timmermans
Guy Verhofstadt die 30 Martis 2012.jpg
Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa - Guy Verhofstadt
JanZahradil.jpg
Grupo dos Conservadores e Reformistas Europeos - Jan Zahradil
2019-04-13 Violeta Tomic by Olaf Kosinsky-0548 (cropped).jpg
Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica - Violeta Tomič e Nico Cué

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.

En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit,[1] celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.

Data e sistema electoral[editar | editar a fonte]

As eleccións celebráronse entre o xoves 23 e o domingo 26 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. No caso de Chequia e Francia, houbo dous días de votación.

En España, celebráronse ao mesmo tempo as eleccións municipais e autonómicas (excepto Andalucía, Cataluña, Galicia, a Comunidade Valenciana e o País Vasco).

Día País
xoves 23 de maio Reino Unido, Países Baixos
venres 24 de maio Irlanda, Chequia
sábado 25 de maio Chequia, Eslovaquia, Letonia, Malta, Francia
domingo 26 de maio Francia, Alemaña, Italia, España, Polonia, Romanía, Bélxica, Grecia, Hungría, Portugal, Suecia, Austria, Bulgaria, Finlandia, Dinamarca, Croacia, Lituania, Eslovenia, Chipre, Estonia, Luxemburgo

Sistema electoral[editar | editar a fonte]

O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais países. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo rondan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.

Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.[Cómpre referencia]

O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.

Novidades[editar | editar a fonte]

Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2014 un reparto de escanos lixeiramente diferente. A saída do Reino Unido, que tiña 73 eurodeputados, permitiu un novo reparto dos pesos dos países. Porén, a incerteza sobre a saída británica, e sobre se finalmente terán lugar eleccións europeas no Reino Unido, pode afectar o número final de escanos a repartir e a súa distribución.

Repartimento de escanos no Parlamento Europeo
Circunscrición 2014 2019 Poboación
en 2018
Habitantes /
eurodeputado
Alemaña Alemaña 96 96 82 887 000 863 406
Francia Francia 74 79 67 372 000 852 810
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 73 66 040 000
Italia Italia 73 76 60 395 000 794 671
España España 54 59 46 733 000 792 085
Polonia Polonia 51 52 38 434 000 739 115
Romanía Romanía 32 33 19 524 000 591 636
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 26 29 17 285 000 596 034
Bélxica Bélxica 21 21 11 450 000 545 238
Grecia Grecia 21 21 10 768 000 512 762
República Checa República Checa 21 21 10 628 000 506 095
Flag of Portugal.svg Portugal 21 21 10 291 000 490 048
Hungría Hungría 21 21 9 771 000 465 286
Flag of Sweden.svg Suecia 20 21 10 215 000 486 426
Austria Austria 18 19 8 858 000 466 211
Bulgaria Bulgaria 17 17 7 050 000 414 706
Dinamarca Dinamarca 13 14 5 806 000 414 713
Finlandia Finlandia 13 14 5 522 000 394 429
Eslovaquia Eslovaquia 13 14 5 445 000 388 929
Flag of Ireland.svg Irlanda 11 13 4 857 000 373 615
Croacia Croacia 11 12 4 105 000 342 083
Flag of Lithuania.svg Lituania 11 11 2 794 000 254 000
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 8 8 2 070 000 258 750
Flag of Latvia.svg Letonia 8 8 1 921 000 240 125
Estonia Estonia 6 7 1 319 000 188 428
Chipre Chipre 6 6 864 000 144 000
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo 6 6 602 000 100 333
Flag of Malta.svg Malta 5 6 475 000 79 167
total 751 751 447 441 000 595 794

Candidatos a Presidente da Comisión[editar | editar a fonte]

Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:

  • Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas: Frans Timmermans
  • Partido Popular Europeo: Manfred Weber
  • Alianza de Liberais e Demócratas por Europa: aínda por designar
  • Verdes Europeos - Alianza Libre Europea: Ska Keller e Bas Eickhout, mentres que o candidato de ALE aínda está por designar.
  • Alianza de Conservadores e Reformistas Europeos: Jan Zahradil
  • Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica: aínda por designar
  • Europa da Liberdade e da Democracia:
  • Movemento por unha Europa das Nacións e da Liberdade: aínda por designar.
  • Grupo Europarlamentario de Non Inscritos: Non presentará candidato

Candidaturas e cabezas de lista[editar | editar a fonte]

Os comicios celebráronse en España o 26 de maio. Os 54 eurodeputados españois foron elixidos nunha circunscrición única,[2] polo que as listas e candidatos foron as mesmas en todo o país, aínda que algúns partidos e coalicións adaptaron o seu nome á lingua dalgunhas comunidades e mostraron na papeleta só os nomes de algúns dos compoñentes da lista.[3] Esta é a lista completa de candidaturas e os seus cabezas de lista:

Presenza galega nas listas[editar | editar a fonte]

Resultados globais europeos[editar | editar a fonte]

É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.

O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.

A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (Cidadáns), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertencen Podemos e Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido euroscéptico, que ten como partido máis forte o Movemento Cinco Estrelas italiano. Ademais, está a formación da Europa das Nacións e da Liberdade, que agrupa a partidos de ultradereita.

Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras de perfil populista, socioliberal ou conservador.

Grupo político
Estado
PPE S&D ALDE Verdes-ALE EUE-EVN CRE ELDD Non inscritos Eurodeputados Participación
Alemaña 96
Austria 19
Bélxica 21
Bulgaria 17
Croacia 12
Chequia 21
Dinamarca 14
Chipre 6
Eslovaquia 14
Eslovenia 8
España 59
Estonia 7
Finlandia 14
Francia 79
Grecia 21
Hungría 21
Irlanda 13
Italia 76
Letonia 8
Lituania 11
Luxemburgo 6
Malta 6
Países Baixos 29
Polonia 52
Portugal 21
Reino Unido
Romanía 33
Suecia 21
Total 751

Resultados en Galicia e España[editar | editar a fonte]

Eleccións europeas de 2019

Partido ou coalición Votos % EuroDep. ± % ± ED Votos en Galicia % ± %
PSOE
PP
Cidadáns
Podemos
Vox
Agora Repúblicas
Outros
Total 100% 54 = 100%

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Eleccións ao Parlamento Europeo Bandeira de Unió Europea
1979   ·   1984   ·   1989   ·   1994   ·   1999   ·   2004   ·   2009   ·   2014   ·   2019
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eleccións_ao_Parlamento_Europeo_de_2019&oldid=5172085"