Elena Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elena Ochoa
Elena Ochoa Foster.tif
Elena Ochoa en Ivorypress
Nome completoElena Fernández Ferreiro López de Ochoa
Nacemento24 de setembro de 1958
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid, Universidade de California, Os Ánxeles e Universidade de Cambridge
Ocupacióneditora literaria, comisaria de exposicións, psicóloga e presentadora de televisión
CónxuxeNorman Foster
editar datos en Wikidata ]

Elena Fernández Ferreiro López de Ochoa, coñecida como Elena Ochoa, nada na Pobra de Trives o 24 de setembro de 1958, é unha psicóloga e xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Psicoloxía, dende 1980 ata 1999 foi profesora titular de psicopatoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Nos anos oitenta, a súa investigación centrouse no alzhéimer, e para iso desprazouse ás universidades dos Ánxeles, Chicago e Cambridge. En 1990 comezou a presentar o primeiro programa de información sexual da TVE, Hablemos de sexo, o que lle deu unha importante sona. Traballou catro anos en televisión, e posteriormente e ata 1999 foi colaboradora dos xornais El País e El Mundo.

Entre 1999 e 2000 foi profesora no King's College de Londres, pero nese ano abandonou a súa carreira para dedicarse á promoción da arte. Fundou a editorial Ivory Press, especializada en libros de artista dirixidos a museos e coleccionistas, así como de álbums de fotografía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1991 co escritor español Luis Racionero, de quen se separou en 1994. En 1996 casou co arquitecto británico Norman Foster, co que tivo dous fillos.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Elena_Ochoa&oldid=5138069"