Emilio Pérez Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Pérez Nieto
Nacemento1942
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
editar datos en Wikidata ]

Emilio Pérez Nieto, nado en Ourense en 1942, é un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia de empresarios e comerciantes locais, neto de José Ramón Pérez Cid e fillo de Ramón Pérez Rumbao. Estudou Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao.

Fíxose cargo da empresa principal do grupo familiar, Pérez Rumbao, SA, que desenvolve operacións no sector do automóbil, dende a venda de turismos e camións, ata a construción de pezas e complementos do automóbil ou a venda de combustíbel.

Presidente da Confederación Empresarial de Ourense durante os anos da transición política, en 1982 fíxose cargo da presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia. Estivo neste posto durante dous anos, ata 1984. Tamén foi presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, así como presidente da asociación empresarial do seu sector en Galicia dende 2009, a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Galicia (ACOAGA), e dende 2010 da Asociación Galega da Empresa Familiar.


Predecesor:
Álvaro Rodríguez Eiras
 
Presidente da CEG
 
1982 - 1984
Sucesor:
José Pablo Rodríguez-Martiñán

Galardóns[editar | editar a fonte]

Insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Emilio_Pérez_Nieto&oldid=4781800"