Emma Pedreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emma Pedreira
Nacemento11 de novembro de 1978
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, narrador e escritora
Coñecido/a porBibliópatas e fobólogos
editar datos en Wikidata ]

Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978[1], é unha escritora galega en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora[2] encadrada na Xeración dos 90.[3] Forma parte da Plataforma de crítica feminista A Sega. En 2018 colaborou na revista Ligeia[4].

En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".[5]

En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".[6]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • VII Certame Literario, 2001, Universidade da Coruña.
  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
  • De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Edicións do Castro.
  • Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
  • Disto non se fala, en coautoría Verónica Martínez Delgado, plaqueta editorial Micromundos, 2018.
  • Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

En 2019 presentouse un documental centrado na súa figura, titulado O des-en-freo, de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro no que participan Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante e David Cortizo.[18]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-09. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  3. "Emma Pedreira". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  4. "Enma Pedreira". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  5. ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". Faro de Vigo. Consultado o 02/05/2018. 
  6. Redacción. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Consultado o 2019-06-09. 
  7. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09. 
  8. "ANTÍDOTO de Emma Pedreira". avarellos.info. Consultado o 2019-06-09. 
  9. Nicolás, Ramón (2016-08-11). "Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09. 
  10. "Corazón y demás tripas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09. 
  11. 11,011,1 "Emma Pedreira, escritora, gañadora do ​IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos" Zigzag diario. Entrevista de Pilar García Rego para falar do poema "Lista da compra da viúva" e do libro Bibliópatas e fobólogos
  12. "Bibliópatas e fobólogos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-09. 
  13. "Besta do seu sangue". www.xerais.gal. Consultado o 2018-10-22. 
  14. Nicolás, Ramón (2018-12-03). "Besta do seu sangue, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09. 
  15. Eyré, Xosé Manuel (2018-12-12). "crítica de BESTA DO SEU SANGUE (Emma Pedreira, Xerais)". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2019-06-09. 
  16. "as-fauces-feroces". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  17. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
  18. "Presentación Do Documental 'Emma Pedreira: O Des-En-Freo' en Santiago de Compostela". www.imjoying.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Emma_Pedreira&oldid=5304449"