Escudo de Viveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo do concello de Viveiro.

No escudo da Moi Nobre e Moi Leal Cidade da vila de Viveiro trae por armas, en campo de goles, unha ponte de prata de cinco arcos, mazonado de sable, sostido de faxado-ondeado de prata e azul, e sumado de león de ouro coroado do mesmo, e acompañado de cinco custodias de ouro, coa sagrada forma de prata, postas tres en xefe e unha en cada flanco. Ao timbre, coroa real pechada.

A máis antiga representación destas armas (pero sen coroa) está esculpida no Castelo da Ponte, na Porta de Carlos V, monumento de arte plateresca cuxa construción rematou no ano 1554. Neste edificio, as armas do emperador Carlos V están acompañadas á dereita polas de Galicia, e á súa esquerda polas de Viveiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Porta de Carlos V.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • E. Chao Espina (1973). Libro y Guía de Vivero. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escudo_de_Viveiro&oldid=4508443"