Estación da Coruña-San Diego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación da Coruña - San Diego")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°21′27.5″N 8°23′53.1″O / 43.357639, -8.398083

A Coruña–San Diego
EstacióndeSanDiegoACoruña.jpg
SituaciónA Coruña
ServizosMercadorías
Na rede
adif.es [1]

A Coruña–San Diego é unha estación de ferrocarril da cidade da Coruña, dedicada exclusivamente ao tráfico de mercadorías, que dá servizo ao porto. Entrou en servizo en 1967[1][2].

As súas principais actividades son ou foron a exportación de peixe, madeiras, ferro, cinc, carbón e contedores procedentes do porto. Existe outra estación na cidade, a de San Cristovo, dedicada exclusivamente ao tráfico de viaxeiros.

En 2014 foi suprimida a liña regular de contedores e o PXOUM prevé a desafectación destes terreos para o tráfico ferroviario unha vez se poña en servizo unha nova terminal que se ha construír no Porto Exterior.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Coruña cumple un año sin línea de contenedores en San Diego". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-04-03. Consultado o 2018-01-01. 
  2. 2,02,1 E. Eiroa (2017-02-27). "San Diego cumple 50 años sin apenas tráficos y condenada por el PGOM". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estación_da_Coruña-San_Diego&oldid=4962328"