Estación intermodal
Saltar ata a navegación
Saltar á procura

Estación de Oriente de Lisboa.
Unha estación intermodal é unha infraestrutura de transporte costruída sobre a base dunha estación de ferrocarril que acolle traxectos de longa distancia (incluíndo, no seu caso, do AVE), de media distancia e proximidade (cercanías), unha Estación de autobuses para o transporte interurbano, unha parada de autobús urbano e unha parada de metro.
Exemplos[editar | editar a fonte]

Exterior da estación da Coruña.
Exemplos destas estacións son:
- a Estación de Oriente, de Lisboa, proxectada polo arquitecto e enxeñeiro español Santiago Calatrava e inaugurada en 1998, que dá servizo ás liñas de ferrocarril de Lisboa, Sintra e Azambuja, Intercidades, Alfa Pendular, Sud-Express (Internacional) e trens Rexionais, estación de autobuses, e é a estación de cabeceira da liña vermella do metro de Lisboa, ademais de contar con aparcamento e parada de taxis,
- a Estación de Vigo-Urzáiz, a que será a primeira estación intermodal da comunidade. Os prazos previstos contemplan o inicio das obras da nova infraestrutura en 2016 e a súa conclusión en 2018. Nela se integrará a nova terminal de autobuses. Segundo a Xunta, estas actuacións deberán ir acompañadas da execución dos «compromisos do Concello no referente á reordenación dos accesos viais e das necesidades urbanísticas»,[1]
A estación inaugurouse, de momento só para ferrocarril, o 6 de marzo de 2015, coa entrada do primeiro tren comercial de viaxeiros.[2] - a Estación da Coruña-San Cristovo, cuxa transformación en intermodal comezou a planearse nos primeiros anos da década do 2000, baseándose principalmente nas directrices do urbanista Joan Busquets, para agrupar nun mesmo recinto a estación de ferrocarril, a de autobuses interurbanos, a do proxectado metro lixeiro e unha parada de taxis, barallándose posibilidades de incluír vivendas e até un parque botánico nela.
Entre os 7 proxectos presentados a concurso, foi elixido por unanimidade do xurado establecido ao efecto, en 2011, o presentado polo arquitecto César Portela.
Como consecuencia da crise económica da que apenas estamos saíndo, a finais do 2012, o goberno central solicitou ao gañador do proxecto a presentación dunha nova proposta de cara a abaratar o seu custo.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Xunta asegura que las obras para la estación intermodal de Vigo empezarán en el 2016 La Voz de Galicia, 1 de abril de 2015.
- ↑ "El primer tren entra en la estación del AVE Faro de Vigo, 7-03-2015.
- ↑ El Gobierno ordena abaratar el proyecto de la intermodal. Amplía el plazo para que Portela presente la propuesta de la nueva estación La Voz de Galicia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Estación de autobuses
- Estación de ferrocarril
- Intermodalidade
- Transporte intermodal
- Centro de Kamppi
|