Esther Herranz García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esther Herranz García
Esther Herranz 2018 (cropped).jpeg
Nome completoEsther Herranz García
Nacemento3 de xullo de 1969
 Logroño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Esther Herranz García, nada en Logroño o 3 de xullo de 1969, é unha política española do Partido Popular que foi membro do Parlamento Europeo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1993, licenciouse en xeografía na Universidade de Zaragoza, especializándose en xeografía física. En 1994, obtivo unha mestría en ordenación territorial e medio ambiente na Universidade de Valencia e en 1998 outro en xestión de residuos. Isto permitiulle traballar como consultora medioambiental. Dende 1999 foi membro do comité executivo do Partido Popular da Rioxa. Entre outros cargos dentro desta sección do partido, foi presidenta da Comisión de Medio Ambiente de 1996 a 2000 e asesora do gabinete do Presidente da Rioxa de 1999 a 2002. Dende 2002 tamén é membro da Xunta Directiva Nacional do PP.

En xaneiro de 2002 conseguiu un escano por substitución no Parlamento Europeo, que renovou nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 e 2009. É membro da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Esther_Herranz_García&oldid=5134406"