Esther Razanadrasoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esther Razanadrasoa
Esther Razanadrasoa.JPG
Nacemento1892
 Antananarivo
Falecementoabril de 1931
NacionalidadeMadagascar
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Esther Razanadrasoa, nada en Antananarivo en 1892 e finada en abril de 1931, foi unha poeta malgaxe, que asinou a súa obra literaria co pseudónimo de Anja-Z.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe da súa vida máis que a data de nacemento e defunción, que casou xa maior[1] e que foi redactora xefe do xornal Tsara Hafatra[2]. O seu pseudónimo literario é unha homenaxe á súa nai. O seu pai, segundo Jean-Joseph Rabearivelo, foi poeta, xornalista, novelista, orador e compositor[3]

Escribiu en lingua malgaxe[1], especificamente no dialecto da etnia hova. Parte da súa obra é a recollida das improvisacións líricas das mozas da capital, coñecidas como «kindriandina»[3][4]. Publicou tamén varias novelas.

Foi unha grande influencia para o poeta Jean-Joseph Rabearivelo, que a admiraba tanto pola súa obra como polas súas actividades no curso da súa vida[1]. O poeta escribiulle unha fasana (equivalente a un treno) á súa morte[5], no que, no verso "le poète inscrira son chant de vivant" expresa a súa fe na reencarnación da alma da súa musa[6]. Amais, Rabearivelo traduciu ao francés parte da obra de Esther Razanadrasoa[3][7]. Segundo os escritos do propio Rabearivelo, Esther Razanadrasoa morrería pola inxestión de produtos abortivos, para evitar quedar embarazada logo de deitarse con el[8].

Na homenaxe que recibiu tras a súa morte en 1931, mencionouse que Esther Razanadrasoa recibira dez honores malgaxes, e que estaba considerada como "unha das figuras máis simpáticas da escrita malgaxe"[2].

En 2015 a escritora suíza Douna Loup publicou a novela L'oragé, na que ficciona a vida da escritora a partir de tres raros elementos biográficos[1]. Nesta novela, Esther xoga para Rabearivelo o rol de amante e de musa mais tamén de personaxe inflexible, intransixente co uso exclusivo do malgaxe como lingua de expresión, en oposición co seu discípulo e amante[9].

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,3 Koutchoumoff, L. (23 de agosto de 2015). "Douna Loup, la liberté d’écrire et d’aimer". Le Temps (en francés). ISSN 1423-3967. Consultado o 10 de marzo de 2016. .
  2. 2,02,1 "Nouvelles et potins". Chantecler (en francés). 20 de abril de 1931. Consultado o 10 de marzo de 2016. .
  3. 3,03,13,2 Rabearivelo, J.-J. (12 de marzo de 1932). "Un destin romantique dans la mer des Indes: Sur Esther Razanadrasoa" (PDF). Le Journal des Poètes (en francés). pp. 80–83. ISSN 0775-0668. Jean-Joseph Rabearivelo 1932. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  4. "Poètes d'outre-mer - Madagascar". Lieu Commun. 4 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de marzo de 2016. .
  5. Ricard, A. (1995). Littératures d'Afrique noire. Des langues aux livres (en francés). París: CNRS Éditions. p. 125. ISBN 9782271051721. .
  6. Rochmann, M.-C. (1 de marzo de 1988). "Jean-Joseph Rabearivelo: Poète de la mort". Présence Africaine (en francés) (Éditions Présence Africaine). pp. 165–172. ISSN 0032-7638. Consultado o 22 de marzo de 2016. .
  7. Sabatier, A. (8 de maio de 2011). "Jean-Joseph Rabearivelo, (1903-1937), poète malgache". Les rencontres de Bellepierre. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 11 de marzo de 2016. .
  8. Luce, X. J. (20 de outubro de 2015). "L’Oragé [2], Douna Loup (Paris, Mercure de France, 2015). Jean-Joseph Rabearivelo et Esther Razanadrasoa, deux poètes sous l’occupation française". Continents manuscrits. Génétique des textes littéraires – Afrique, Caraïbe, diaspora (en francés) (ITEM, Institut des textes et Manuscrits modernes, UMR 8132 CNRS/ENS). ISSN 2275-1742. Consultado o 5 de decembro de 2016. .
  9. "Littérature: Madagascar, île rouge, voix bleues". Jeune Afrique. 30 de setembro de 2015. ISSN 1950-1285. Consultado o 10 de marzo de 2016. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Esther_Razanadrasoa&oldid=5225997"