Eugenio Urtaza Norat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenio Urtaza Norat

Eugenio Urtaza Norat, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1947, foi un dos fundadores do Partido Comunista de España en Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou uníndose á Xuventudes Socialistas, e en 1921 apuntouse ó grupo dos terceiristas, formando parte, así, dos fundadores do primeiro grupo comunista galego que lideraba García Filgueira. Despois disto pasou moito tempo en Vigo, organizando o partido en Teis.[1]

En 1925 foi encarcerado no cárcere Modelo de Madrid.[1]

En 1928 cando pasaba a procesión do Cristo da Vitoria, el ía no tranvía, que tivo que deterse, e mentres a procesión pasaba el púxose a ler o periódico mentres o resto de pasaxeiros poñíanse de xeonllos. Un sacerdote denunciono por escándalo, e a Garda Civil prendeuno. Mandárono outra vez para ó cárcere Modelo, e botou alí oito meses.[1]

Volveu vivir a Pontevedra na Segunda República.[1]

En 1934 foi o encargado de organizar o Socorro Roxo co obxectivo de axudar ós presos da cidade e ós que estaban nos buques do polígono Janer na base naval de Marín. A causa destas accións o gobernador ordenou o peche da túa taberna na rúa Alhóndiga, detrás da casa consistorial.[1]

Participou activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936.[1]

Tamén organizou a participación de Galicia na Olimpíada Popular de Barcelona de 1936, acudindo cunha expedición que saíu de Pontevedra o 16 de xullo. Cando chegaron a Barcelona atopáronse coa sublevación fascista e polo tanto marchou para Madrid coas súas fillas. Dende Madrid dirixíronse a Murcia, e alí residiron durante a Guerra Civil ata a chegada do exército franquista o 1 de abril de 1939. Ante esta situación marchou de novo para Pontevedra con varios familiares e alí foi apresado.[1]

Grazas á declaración no xúízo da familia coa que estivera en Murcia conseguiu salvar a vida, pero debido a que seguía coas súas actividades comunistas, foi encarcerado varias veces máis. Finalmente foi condenado a seis anos de prisión en 1947, e morreu o 12 de decembro no cárcere a causa de brutais malleiras e de falta de atención médica.[1]

Escribíu diferentes artigos nos xornais La Antorcha, Galicia e El Campesino, publicación da que foi director.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,41,51,61,71,81,9 Entrada “Urtaza Norat, Eugenio” na GEG.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eugenio_Urtaza_Norat&oldid=5241592"