Eugenio Vázquez Gundín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenio Vázquez Gundín
Eugenio Vázquez Gundín 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacemento27 de setembro de 1884
 Santiago de Compostela
Falecemento9 de maio de 1977
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Vázquez Gundín, nado en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 1884 e finado na Coruña o 9 de maio de 1977, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Foi rexistrador da propiedade en Galicia, Andalucía e Cataluña e secretario da Sala de Audiencia e da Sala do Contencioso-administrativo da Coruña. De 1919 a 1926 participou na creación de sindicatos agrarios en Ortigueira e foi presidente da Federación de Sindicatos Agrícolas Católicos do Condado de Ortigueira e da Federación Católico Agraria da Coruña. Fundou e dirixiu Acción Agraria e colaborou en El Ideal Gallego e A Nosa Terra. Militante de Acción Popular, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas Eleccións xerais de 1933 nas listas da CEDA. A súa actividade parlamentaria caracterizouse por defender o que el consideraba como os intereses de Galicia, moitas veces rompendo a disciplina do partido, como o 15 de novembro de 1935 cando defendeu os intereses dos pescadores galegos. Aínda que figurou inicialmente na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936, finalmente non chegou a presentarse.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Estudios prácticos de la nueva Ley de Arrendamientos rústicos, Madrid, 1941.
  • Arrendamientos rústicos y urbanos, 1967.
  • Sospiros do corazón, 1967.
  • Os meus cantares, 1968.
  • Cantos e fábulas, 1970.
  • Amor y humor, 1974.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eugenio_Vázquez_Gundín&oldid=4895131"