Eva Cárdenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eva Cárdenas Botas
Nacemento1965
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónEmpresaria
editar datos en Wikidata ]

Eva Cárdenas Botas, nada en 1965, é unha empresaria galega, directiva española da multinacional Inditex.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] e concluíu un Mestrado en Administración e Dirección de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid. Chegou a Inditex en 2003 procedente da firma de cosméticos L'Oréal[1] e con 38 anos converteuse na segunda muller á fronte dunha das cadeas do xigante téxtil tras Carmen Sevillano (Oysho).[2] Dirixiu o sector de perfumaría de Zara.

Dende 2003 foi directora de Zara Home ata 2018 en que deixou o seu posto por motivos persoais.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada e cunha filla, divorciouse do primeiro home. Desde 2013 diversos medios de comunicación reportaron que mantiña unha relación sentimental con Alberto Núñez Feijóo.[4][5] En febreiro de 2017 deu a luz na cidade da Coruña ao seu segundo fillo, froito da súa relación co presidente da Xunta.[6]

Notas[editar | editar a fonte]



Predecesor:
Esther Cid
 Escudo de Galicia.svg
Parella do Presidente da Xunta de Galicia
 
1996–
Sucesor:
futuro
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Eva_Cárdenas&oldid=5260627"