Expocoruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′23″N 8°24′40″O / 43.33972, -8.41111

P1110413 Recinto ferial A Coruña.JPG

O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto do recinto feiral comezou o ano 2003. Porén, sufriu atrasos e aumentos de custos que elevaron o orzamento ata 37 millóns de euros, un 75 % máis do presupostado.[2] O edificio, deseñado por Luis Collarte,[3] inaugurouse o 19 de febreiro de 2008.[4]

Recinto[editar | editar a fonte]

586-Recinto ferial (Coruña).jpg

Conta con 19 000 m2 cubertos e 8000 ao aire libre. Dispón tamén de salas multiúsos, aulas e despachos, ademais de aparcadoiro.[5]

Feiras e outras actividades[editar | editar a fonte]

Algúns dos eventos organizados en Expocoruña son Expotaku,[6] a Feira de Autónomos de Galicia[7] ou o Salón do Vehículo de Ocasión.[8]

Nas instalacións realízanse tamén espectáculos musicais como o Sónar 2010,[9] presentacións, congresos e mitins políticos.[10][11] Entre o 16 de outubro e o 13 de novembro de 2012 tivo lugar no recinto o xuízo pola catástrofe do Prestige.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En 2012 Expocoruña obtuvo unos beneficios de 60.000 euros
  2. Obelleiro, Paola (20-2-2008). "A Coruña estrena su primer recinto ferial aún sin acabar". El País (en castelán). Consultado o 12-4-2016. 
  3. "Premian el recinto ExpoCoruña por su gran funcionalidad". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  4. "ExpoCoruña abre sus puertas para recibir a 20.000 visitantes entre obras". 20 minutos (en castelán). 18-2-2016. Consultado o 12-4-2016. 
  5. "Que ofrecemos". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  6. Expotaku
  7. "Feira dos Autónomos de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  8. Motorcasión reunirá 700 coches en Expocoruña
  9. "Sónar Galicia". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  10. Rajoy participa este sábado en un almuerzo-mitin en A Coruña
  11. Un escenario de estrella
  12. Expocoruña se viste de blanco inmaculado para el juicio de la marea negra del “Prestige”
  13. Acción en vivo de Greenpeace

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Expocoruña&oldid=5285925"