Félix Guattari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Félix Guattari
Nacemento30 de abril de 1930
 Villeneuve-les-Sablons
Falecemento29 de agosto de 1992 (62 anos)
 París
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpsiquiatra, filósofo, psicanalista e psicólogo
FillosEmmanuelle Guattari
editar datos en Wikidata ]

Pierre-Félix Guattari, nado en Villeneuve-les-Sablons (Oise) o 30 de abril de 1930 e finado en Cour-Cheverny (Loir e Cher) o 29 de agosto de 1992, foi un psicanalista, filósofo e político comunista francés, pioneiro da "psicoterapia institucional" e fundador da "esquizoanálise" e da "ecosofia".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar Farmacia, pero cambiouse moi logo á psiquiatría. Como psicanalista prosegue a súa formación na escola do máis famoso dos psicanalistas franceses, Jacques Lacan, facéndose membro da "Escola Freudiana de París".

Militante político de orientación comunista, estará porén lonxe do Partido Comunista Francés pola súa postura radical e anti-stalinista. Será redactor do boletín de oposición esquerdista La voie communiste (A vía comunista).

Como psicoterapeuta foi un expoñente do movemento da antipsiquiatría, fundando xunto a outros (como o Dr. Jean Oury, que continuando a experiencia do Dr. François Tosquelles no hospital Saint-Alban, puxo as bases da denominada "Psicoterapia Institucional"), en 1953, a "Clínica psiquiátrica de avangarda" para psicóticos de La Borde, en Cour-Cheverny, onde traballou durante corenta anos, ata a súa morte en 1992.

Como psicanalista, filósofo, e como militante político, Guattari adquiriu notoriedade especialmente pola súa asociación, tras o maio do 1968, co filósofo francés, prestixioso expoñente do "renacemento nietzscheano", Gilles Deleuze con quen escribiu O Anti-Edipo. Capitalismo e esquizofrenia en 1973, que critica a psicanálise, acusándoa de "familiarismo", sobre todo de agochar o desexo como "romance familiar": Edipo. En 1980 publican a segunda parte do Anti-Edipo: Mil mesetas. Capitalismo e esquizofrenia.

En 1987 fundou, con Deleuze, a revista Chimères (boletín de esquizoanálise).

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Félix_Guattari&oldid=5090485"