Felisindo López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Felisindo López
Nacemento1938
 Piñor
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor e político
editar datos en Wikidata ]

Felisindo López Lorenzo, nado en Piñor en 1938, é un empresario e político galego, da comunidade que vive en Venezuela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesionalmente é o dono dunha empresa de publicidade e artes gráficas. En 2001 accede á directiva da Irmandade Galega de Caracas, e en 2003 convértese no seu presidente. En 2006 foi nomeado como presidente provisional da xestora do Partido Popular de España en Venezuela, cargo que ocupou ata que en 2010 foi elixido presidente do partido no país caribeño.

É o fundador (2009) e presidente da Fundación para la Ayuda a la Ciudadanía Española en Venezuela, que realiza funcións asistenciais na comunidade galega e canaria[1] daquel país.

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Felisindo_López&oldid=4765215"