Fernando Schweitzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Schweitzer
Nando Schweitzer.jpg
Nacemento22 de novembro de 1982
 São Paulo
NacionalidadeBrasil, España, Galicia e Arxentina
Ocupaciónactor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fernando Mello Schweitzer de Oliveira, coñecido profesionalmente como Nando Schweitzer, nado en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1982, é un actor naturalizado brasileiro e arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai arxentino e nai pernambucana, Nando morou en São Paulo, São Miguel do Oeste e Córdoba, antes de establecerse en Florianópolis, en 1995. Nesa cidade estivo traballando como estatua viva e cantante.

Na actualidade é director teatral, cantante, compositor e profesor de teatro. No seu momento presentouse como candidato a concelleiro. Hoxe, afastado da política, dedícase tamén ao xornalismo, publicando artigos no Observatorio da Prensa, alén de asinar dúas columnas semanais sobre televisión no sitio Xornal Correo da Illa e no blog Brinco TV, foi tamén correspondente internacional en Buenos Aires de TV Magia.

O seu último espectáculo foi Juan e Marco, que estrenou en agosto de 2007. A temporada no Teatro Álvaro de Carvalho, de acordo co propio actor-director, foi cancelada por censura da dirección da casa, por mor das escenas de nudez que había na peza.[1]

A nova fase na Arxentina[editar | editar a fonte]

Despois dun período traumático logo da "censura boicot" do seu último traballo en Florianópolis, o artista só apareceu nun evento público como orador invitado e líder dun seminario, en conmemoración dos 10 anos da TV USP. No evento, o seu último evento público no Brasil, en conxunto cos especialistas Manoel Carlos Chaparro, xornalista e profesor de filosofía e Clovis de Barros Fillo, Ph.D. Profesor e conferenciante do Espazo ESPM Ética, ambos da Universidade de São Paulo, discutiu os límites da ética nos medios de comunicación e na televisión.

O 2 de febreiro de 2012, Fernando Schweitzer estrenou na lendaria Calle Corrientes, punto cardinal de gran importancia para o teatro de Bos Aires, coa peza Stand-up Comunidade. O traballo é considerado o primeiro stand-up da historia con personaxes só da Comunidade LGBT, que fora relatado no continente e, por suposto no ámbito comercial como de Calle Corrientes.

Carreira na televisión[editar | editar a fonte]

  • Instinto Assassino (actuación), Discovery Channel
  • Quem quer Casar com Meu Filho? (actuación), TELEFE

Carreira no cine[editar | editar a fonte]

  • 2003: Mazzaropi: O Brasil é o meu público, documental (co-guionista, co-dirección e actuación)
  • 2008: Identificados (actuación)

Carreira no teatro[editar | editar a fonte]

  • 2012: Stand-UP Comunitário (texto final, dirección e actuación). Arxentina
  • 2011: Juan & Marco (texto, dirección e actuación). Versión na Arxentina
  • 2011: Besame Mucho, texto e dirección Manuel Dorribo (actuación). Arxentina
  • 2008: Juan e Marco (texto, dirección e actuación).
  • 2007: 10 x Comedia (texto adaptado de Roberto Vidal Bolaño, dirección e actuación).[2]
  • 2006: Navalha na Carne, texto de Plínio Marcos (dirección e actuación).
  • 2005: Bacallau Regado ao Viño (texto, dirección e actuación).[3]
  • 2004: Mentiras Perigosas (texto, dirección e actuación).
  • 2004: José Firmino, Do Ceará para o Mundo (texto, dirección e actuación).
  • 2004: La Casa Tihuana (texto, dirección e actuación).
  • 2003: A Tribo de Kerodon (texto, dirección e actuación).[4]
  • 2003: Drogas tô Fóra, texto e dirección de Vera Costa (actuación).[5]
  • 2003: Pequenitos e Pequenitas, de Vera Costa (co-autoría do texto e actuación).[6]
  • 1996: A Revolta do Xoguetes, de Anna Bennedicta, adaptación e dirección de Vera Costa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Censura de Juan e Marco en Florianópolis, rexistrada por portal OhaYo e no xornal A Notícia Arquivado 21 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).
  2. Presentación de 10 x Comédia em Florianópolis Arquivado 20 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. no xornal A Notícia (en portugués).
  3. Presentación de Bacalhau Regado ao Vinho na UFSC (en portugués).
  4. Reestrea en 2003 de A Tribo de Kerodon Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. no xornal A Notícia (en portugués).
  5. Presentación de Drogas Tô Fora Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine. no xornal A Notícia (en portugués).
  6. [1] Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine., [2] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Presentación de Pequenitos e Pequenitas no xornal A Notícia (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fernando_Schweitzer&oldid=5096061"