Fernando Távora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Távora
Nacemento25 de agosto de 1923
 Porto
Falecemento3 de setembro de 2005
 Matosinhos
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade do Porto
Ocupaciónarquitecto e catedrático de universidade
Premioshonorary doctorate of the University of Coimbra e Comendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
editar datos en Wikidata ]

Fernando Luís Cardoso de Meneses e Tavares de Távora, nado en Porto o 25 de agosto de 1923 e falecido o 3 de setembro de 2005 en Matosinhos, foi un arquitecto portugués afincado en Porto, decano dos arquitectos portugueses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernando Távora foi un dos fundadores da chamada "Escola do Porto", mestre de Álvaro Siza e Souto de Moura. Introduciu a partir dos anos 50, unha reflexión que non existía en Portugal sobre o papel social da arquitectura, en oposición ás realizacións e ós discursos oficiais da época, a arquitectura moderna. Como creador dunha nova lóxica de construción, prestou sempre atención ás paisaxes orixinais, utilizándoas como dados culturais que deben ser integrados no diálogo coa construción final.

No ámbito pedagóxico contribuiu de forma moi significativa á consolidación do curso de Arquitectura da Escola de Belas Artes do Porto (mais tarde Faculdade de Arquitectura da Universidade do Porto) e do curso de Arquitectura do Departamento de Arquitectura da Faculdade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coimbra que axudou a construir ó final da década dos 80 do século XX. Existe un documental da RTP dedicado a súa persoa, con guión de António Silva e realización de Cristina Antunes.

Hoxe existe un premio de arquitectura co seu nome, Premio Fernando Távora.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Escola Primaria do Cedro, en Vila Nova de Gaia (1961).
  • Mercado Municipal de Santa María da Feira (1959).
  • Pavilón de Ténis, e Matosinhos (1960).
  • Casa de Ofir (1958).
  • Pousada de Santa Mariña, Guimarães (1984).
  • Ampliación da Asemblea da República (1999).
  • Faculdade de Dereito da Universidade de Coimbra (2000).
  • Casa dos 24, Porto (2002)
  • Quinta da Concepción, Matosinhos
  • Remodelación do Museo Nacional de Soares dos Reis, Porto.
  • Remodelación do Palacio do Freixo, Porto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fernando_Távora&oldid=4973733"