Festa da Auga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Festa da Agua ten lugar en Vilagarcía de Arousa cada 16 de agosto.

Celebración[editar | editar a fonte]

Logo de transladaren a figura de San Roque, patrón da cidade, da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ata a capela de San Roque, os romeiros piden auga ós veciños para refrescárense. Tamén os membros de Protección Civil e Emerxencias adoitan participar botando auga coas mangueiras, agás no 2006, a causa da gran vaga de incendios forestais. A noite anterior é coñecida como a Véspera da Festa da Auga, habendo tamén gran festa.

É unha festa polémica a causa do despilfarro da auga, pero foi declarada de interese turístico, e cada ano gaña máis adeptos[Cómpre referencia].

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Festa_da_Auga&oldid=5058481"