Fexdega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Recinto de FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa

A Fundación Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia (FEXDEGA) é unha fundación sen actividade actual que organizaba feiras de todo tipo no concello de Vilagarcía de Arousa. O recinto no que se desenvolvían ditas actividades está no lugar da Maroma, e aínda que a actividade de FEXDEGA é practicamente nula por mor da crise económica de 2008, o recinto segue a albergar eventos e os vilagarciáns seguen a coñecelo co nome da fundación. Tal recinto conta con 40 000 metros cadrados, 11 000 deles cubertos.[1]

Fundación[editar | editar a fonte]

A representación no Padroado de FEXDEGA e o seu financiamento, corre a cargo da Xunta de Galicia (a través da Consellería de Economía e Industria), o Concello de Vilagarcía, a Cámara de Comercio de Vilagarcía e Novacaixagalicia.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

En 1967 uns mozos ligados ao mundo agrario, tentaron facer en Vilagarcía de Arousa un lugar de encontro para agricultores onde decidir estratexias económicas, converténdose no primeiro salón de toda Galiza. No ano 1980 o Ministerio de Comercio recoñece o seu carácter de promotor do desenvolvemento de Galiza. En 1993 danse os primeiros pasos para a construción dun novo recinto que se inaugura no ano 2001. No ano 2008 chegou a organizar catorce eventos feriais.[3] No verán de 2011 cesou a organización de actividades feirais, no medio dunha grande polémica local co despedimento dos traballadores do recinto e a acusación destes ao último xerente de incompetencia e dilapidación.[4][5]

Feiras organizadas[editar | editar a fonte]

A feira máis grande organizada por FEXDEGA era a Feira Multisectorial no mes de setembro. Outras importantes eran Acui e Galinfancia no Nadal. Albergou tamén durante moitos anos o Festival do Norte, aínda que organización era externa.

Actividade[editar | editar a fonte]

A actividade da fundación en setembro de 2014 era practicamente inexistente,[6] a pesar das promesas do alcalde de manter a actividade co persoal do concello. Non obstante, o recinto segue a alugarse para actividades moi variadas. En febreiro de 2014 converteuse en macrodiscoteca.[7] En marzo albergou unha feira do automóbil.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fexdega&oldid=4796685"