Francesco Solimena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francesco Solimena
Francesco Solimena 001.jpg
Nacemento4 de outubro de 1657
 Serino
Falecemento3 de abril de 1747
 Nápoles
NacionalidadeItalia
Ocupaciónpintor e arquitecto
PaiAngelo Solimena
Coñecido/a porThe Glorification of Saint Dominic, Assumption of the Virgin e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Francesco Solimena, coñecido tamén como o Abate Ciccio foi un pintor e arquitecto italiano dos séculos XVII e XVIII, considerado como unha das figuras salientes do rococó en Italia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Francesco naceu en Canale di Serino, Serino, o 4 de outubro de 1657 ; faleceu en Barra (un barrio de Nápoles) o 3 de abril de 1747. Formouse no obradoiro que o seu pai Angelo Solimena, tiña en Nocera de' Pagani (hoxe Nocera Inferiore), localidade orixinaria da mai, onde vivía a súa familia. Tomou primeiro como modelo a obra de Francesco Guarino, e máis tarde, resolto a facerse un estilo propio, comezou a mirar con interese a pintura escenográfica e fantasiosa de Luca Giordano e a tenebrista de Mattia Preti.

As obras realizadas entre 1670 e 1680, entre as que se lembran O Paraíso na catedral de Nocera Inferiore e a Visión de San Cirilo de Alexandría na igrexa de San Domenico en Solofra, foron feitas en colaboración co seu pai.

Despois de 1680, as súas obras decántanse pola pintura naturalista, adheríndose progresivamente ao gusto barroco. Neste sentido cómpre mencionar os frescos de San Xurxo en Salerno, e os lenzos sobre a Virtude na sancristía de San Paolo Maggiore en Nápoles.

Na tea de San Francisco renuncia ao sacerdocio na igrexa de Sant'Anna dei Lombardi (1691-1692) é evidente a influencia de Mattia Preti.

O estilo pictórico novo, de aproximación a Arcadia, tivo a súa consagración en A expulsión de Heliodoro do templo na igrexa do Gesù Nuovo e mais nos frescos da capela de San Filipe Neri na igrexa dos Girolamini, en Nápoles.

En 1728 foille encargado polo cardeal Michele Federico Althann, vicerrei de Nápoles e bispo da cidade húngara de Vác, un lenzo mostrando o prelado no acto de ofrecerlle ao Emperador de Austria Carlos VI o catálogo da pinacoteca imperial (cadro hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena), que "suscitou un verdadeiro entusiasmo".

Un retorno a traballos de estilo xuvenil evidénciase a partir de 1735, por exemplo nas pinturas realizadas na Reggia de Caserta, por encarga de Carlos de Borbón.

Solimena traballou para as principais cortes europeas, pero sen moverse apenas de Nápoles. É tido por un dos artistas que mellor encarnaron a cultura tardo-barroca en Italia

Morreu na súa quinta napolitana, no barrio de Barra, en 1747. Entre os seus discípulos áchanse Paolo Gamba, Ferdinando Sanfelice e Domenico Antonio Vaccaro.

Obras pictóricas[editar | editar a fonte]

  • Il Paradiso 1671 (O Paraíso), Nocera Inferiore, Catedral
  • La Visione di S. Cirillo d'Alessandria (Visión de San Cirilo de Alexandría), Solofra, igrexa de San Domenico
  • Storie di Santa Tecla, Archelaa e Susanna, 1680, (historias de Santa Tegra, Arquelá e Susana), Salerno, igrexa de San Giorgio
  • Frescos sobre a Virtude, 1690, Nápoles, basílica de San Paolo Maggiore
  • Storie di San Nicola, Apostoli e Virtù (Historias de San Nicolao, Apóstolos e as Virtudes), Nápoles, S. Nicola alla Carità
  • Il Miracolo di S. Giovanni di Dio, 1691, (Milagre de San Xoán de Deus), Igrexa do Ospedale della Pace, agora no Museo Cívico de Castel Nuovo
  • San Francesco rinuncia al sacerdozio (1691-1692) (S. Francisco renuncia ao sacerdocio), Nápoles, igrexa de Sant'Anna dei Lombardi
  • La cacciata di Eliodoro dal tempio, 1725, (Expulsión de Heliodoro do templo), Nápoles, igrexa de Il Gesù
  • Frescos da Capela de S. Filipe Neri, (1727-1730), Nápoles, igrexa dos Gerolamini
  • Il cardinale Michele Federico Althann offre all'imperatore Carlo VI il catalogo della pinacoteca imperiale, 1728 (O cardeal Althann ofrece ao Emperador Carlos VI o catálogo da pinacoteca imperial), Viena, Kunsthistorisches Museum
  • Autorretrato, ca. 1730, Florencia, Galería Uffizi.
  • Trionfo di Carlo III di Borbone alla battaglia di Gaeta (1734-1735) (Triunfo de Carlos III na batalla de Gaeta), Caserta, Reggia
  • Alexandre o Grande vencedor de Darío, 1735, Palacio Real de La Granja de San Ildefonso, Segovia.
  • Alegorías para as vodas de Carlos de Borbón e de María Amalia de Saxonia, 1737, Nápoles, Museo Nacional de Capodimonte.
  • Dido recibindo a Eneas, 1740, Nápoles, Museo Nacional de Capodimonte.
  • Retrato ecuestre de Carlos II na batalla de Velletri, 1744, Caserta, Reggia.

Obras arquitectónicas[editar | editar a fonte]

Palazzo Solimena: unha das obras arquitectónicas do artista

No cuarto decenio do século XVIII, a causa do estado da edificación quattrocentista (século XV), o bispo Niccolò de Dominicis decidiu reedificar, no sitio actual, o campanario da Catedral de Nocera Inferiore. Financiado pola confraría do Rosario, que contribuíu con uns 2.050 ducados, o novo campanile fo realizado "ine conformidade con o modelo de madeira feito por Francesco Solimena", conservado aínda no oratorio da congregación. A obra constitúe unha das raras execucións arquitectónicas de Solimena, que veu realizados os seus dotes de proxectista, testemuñados noutras obras, tales a San Nicola alla Carità, o pórtico da San Giuseppe dei Vecchi e mais no palacio de San Potito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bicco Margaret, La rifattione della cattedrale di Nocera Inferiore, cronache da un cantiere settecentesco, Il Girasole, Napoli, 2005, p. 35
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francesco_Solimena&oldid=5226912"