Francisco Fernández Liñares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Fernández Liñares
Nacemento1 de xullo de 1950
 Dumbría
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Fernández Liñares, nado en Olveira, Dumbría, o 1 de xullo de 1950, é un enxeñeiro técnico agrícola, economista e político galego, do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía, aprobou unhas oposicións a funcionario do estado e acabou recaendo na subdelegación do goberno en Lugo a finais dos anos noventa. En 1999 integrou a lista do PSdeG ao concello de Lugo, encabezada por Xosé López Orozco, e foi elixido concelleiro. Ocupou a carteira de Seguridade, encargada da policía municipal, durante ese primeiro goberno Orozco. Revalidou o seu escano de concelleiro no goberno municipal en tres ocasións, mudando as carteiras: economía, zona rural e finalmente urbanismo.

En 2008 deixou o goberno municipal ao ser nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, posto onde permaneceu ata que o equipo de Mariano Rajoy (Partido Popular) venceu nas eleccións Xerais 2011 en España. Foi substituído por Francisco Marín Muñoz. A seguir foi destinado a un posto na mesma Confederación, pero na sede de Lugo.

En setembro de 2012 foi detido en relación coa Operación Pokémon, acusado de participar nunha trama de subornos e prevaricación mentres fora concelleiro en Lugo.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Fernández_Liñares&oldid=4777433"