Francisco Javier García Gaztelu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Javier García Gaztelu
Nacemento12 de febreiro de 1966
 Galdakao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactivista político
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao, Biscaia, o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa actividade criminal durante os anos 80 no «Comando Donosti», chegando a ser xefe militar da banda terrorista nos últimos anos do século XX tras a caída de "Kantauri".

Participou nun tiroteo xunto a outros membros do Comando Biscaia de ETA en agosto de 1991, no cal resultaría morto o tamén etarra Juan María Ormazábal, Tturko, así como o ertzaina, Alfonso Mentxaka. Despois deste incidente foxe á clandestinidade, realizando primeiro labores de apoio para diversos comandos e integrándose a finais do ano 1994 no comando Donosti, dirixido por Kantauri.

Segundo os expertos, "Txapote" representa a liña dura dentro de ETA, oposta á tregua de 1998. A el atribúeselle a reestruturación operativa duns vinte comandos e o fortalecemento da actividade militar de ETA durante os meses seguintes á tregua. "Txapote" impuxo un novo sistema de organización dos comandos polos que estarían formados por tres membros liberados da organización, dos cales só dous participarían simultaneamente na comisión de atentados. O outro membro sería o encargado de limpar os pisos de probas e informar á dirección no caso de que fosen detidos os dous primeiros.

Detención e xuízo[editar | editar a fonte]

A súa detención prodúcese por mor da investigación polo roubo dunha troqueladora en Irún, en novembro de 1999. Os detidos facilitaron o nome do colaborador de ETA Ibon Muñoa que nos anos anteriores propocionou apoio loxístico ó Comando Donosti. Muñoa declarou que se entrevistou con "Txapote" en Anglet.

Esta localidade do sur de Francia sería peiteada con axuda da policía francesa até localizalo o 22 de febreiro de 2001. A detención tivo lugar á primeira hora da tarde no barrio de Sables d'Or de devandito municipio cando comía na terraza do restaurante 'Havana Cafe'.

Estes feitos tiveron lugar pouco despois de que ETA asasinase a dous traballadores da empresa Electra no seu intento de matar cun coche bomba ó concelleiro socialista Iñaki Dubreuil Churruca.

Foi xulgado en xuño de 2006. Acolleuse ó seu dereito a non declarar durante o xuízo, presentando unha actitude desafiante. Aínda que se negou a intervir na primeira xornada do xuízo, Gaztelu utilizou o seu dereito á última palabra para recoñecer ser "militante de ETA" e afirmar que a banda non abandonaría a súa loita.

Foi condenado a 50 anos de cárcere como autor material do asasinato de Miguel Ángel Blanco; pola súa actitude, o tribunal na súa sentenza tamén lle prohibe achegarse á localidade biscaíña de Ermua durante cinco anos a partir da súa excarceración. No xuízo polo asasinato do socialista Fernando Múgica, foi condenado a 82 anos de cárcere e prohibíuselle visitar Donostia, cidade na que se cometeu o asasinato e onde reside a familia Múgica, durante o seis anos seguintes á súa saída do penal.

O 23 de xaneiro de 1995, cando comía con María San Gil nun restaurante de San Sebastián, o popular vasco Gregorio Ordóñez foi asasinado dun tiro na cabeza nun atentado cometido coa participación de "Txapote", sendo condenado a 30 anos de prisión "como autor dun delito de asasinato terrorista con aleivosía, en concurso ideal con outro de atentado con premeditación.[1] Ademais, prohíbiuselle achegarse durante cinco anos á familia da vítima ou a Donostia, e foi condenado a pagar 500.000 euros de indemnización ós herdeiros, aínda que o Tribunal sentenciou que non puido afirmar con exactitude se Txapote foi quen disparou, considerouse probada a súa participación no asasinato.

Esta sentenza foi motivo de polémica dado que a única proba condenatoria contra "Txapote" foi a declaración doutro coimputado, situación que noutras sentenzas provocara a absolución dos procesados.

As consecuencias prácticas destes asasinatos foron o rexurdimento dun movemento social contrario á violencia etarra, como o espírito de Ermua, e a consecuente creación dalgunhas das asociacións contrarias ó terrorismo como ¡Basta Ya!, Foro de Ermua, etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. San Gil prestá

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Javier_García_Gaztelu&oldid=5142904"