Francisco Lloréns
Francisco Lloréns Díaz | |
---|---|
![]() Francisco Lloréns, retrato en Vida Gallega, 1922. | |
Nome | Francisco Lloréns Díaz |
Nacemento | 1874 |
A Coruña | |
Falecemento | 1948 |
Madrid | |
Nacionalidade | galego |
Fillos | Eva Lloréns Rodríguez |
Influenciado por | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Francisco Lloréns Díaz, nado na Coruña o 10 de abril de 1874 e finado en Madrid o 11 de febreiro de 1948, foi un pintor paisaxista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o menor de tres irmáns, fillo de industrial catalán e nai galega. Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi alumno de Román Navarro e, a partir de 1892, na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo alumno do belga Carlos de Haes. Copiou obras de Velázquez, Murillo e Rubens, completando a formación, dende 1893, no taller de Sorolla, de quen aprendeu a paixón pola luz na paisaxe. Alí coñeceu a outros pintores como Josep Benlliure i Gil ou Manuel Benedito Vives.
En 1902 viaxou de bolseiro a Roma, pasando por Barcelona, onde coñeceu a Ramon Casas, Santiago Rusiñol, Gaudí e Enric Galwey. Na capital de Italia residiu catro anos e publicou as súas impresións no xornal coruñés El Noroeste, asinando Sor Checco.
En 1903 percorreu París (onde quedou seducido por Cézanne e os impresionistas) os Países Baixos e Bruxas, onde residiu preto dun ano antes de tornar a Italia e, en 1906 á Coruña, dende onde asistía con frecuencia aos faladoiros da súa amiga Emilia Pardo Bazán no Pazo de Meirás.
Exerceu con mestría o cartelismo, facendo mesmo propaganda para o Deportivo de La Coruña, tomando como modelos ás damas da alta sociedade.

Casou en 1918 con Eva Rodríguez, de quen enviuvou en 1925, quedando con dúas fillas.
En 1943 foi nomeado académico numerario da Real Academia de San Fernando e catedrático de paisaxe. Adicáronlle artigos Fernández Flórez e Ramón Cabanillas e foi designado académico de honra da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.
Pode apreciarse obra súa, entre outros, no Museo de Belas Artes da Coruña, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pablos, Francisco; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), páxina 53, ed. Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada, Plástica Gallega, páxina 220, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, ISBN 84-7231-603-3.
- Travieso Mougán, Javier et al., artigo "LLORÉNS, Francisco", Gran Enciclopedia Galega.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Eva Lloréns Rodríguez (filla).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|