Francisco Marhuenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Marhuenda
Francisco Marhuenda.jpg
Marhuenda en maio de 2013
Nacemento12 de xaneiro de 1961 (58 anos)
 Barcelona, España
NacionalidadeEspaña
OcupaciónXurista e xornalista
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Francisco Marhuenda García, nado en Barcelona o 12 de xaneiro de 1961, é un avogado español, actual director do diario La Razón.

Biografía[editar | editar a fonte]

Francisco Marhuenda é Doutor en Dereito[1] e licenciado en Periodismo, adicándose tamén á vida política.

En febreiro de 2008 foi nomeado director de La Razón por acordo do Consello de Administración. Tamén é persoal docente na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.[2]

Periodista[editar | editar a fonte]

Traballou no ABC, ademais de colaborar en Economist & Jurist e El noticiero universal.[3] Tras un período traballando no Goberno, volveu exercer como xornalista e incorporouse en 2001 a La Razón como subdirector en Cataluña. En febreiro de 2008, sete anos máis tarde, foi elixido Director do periódico, substituíndo a José Alejandro Vara.[4]

É colaborador en diferentes programas de radio e televisión, como Julia en la Onda (Onda Cero, 2010-2011), La linterna (Cadena COPE, desde 2010), La Mañana (Cadena COPE, desde 2010), El món a Rac 1 (Rac 1 ), 59 segundos (TVE, 2008-2012), Los desayunos de TVE (desde 2009), El debate de La 1 (TVE), Espejo Público (Antena 3) ou Al rojo vivo (laSexta, desde 2012).

O 1 de febreiro de 2013, a raíz da publicación dun comentario editorial seu, exculpatorio do Presidente do Goberno sobre o "Caso Bárcenas" no xornal que dirixe, "La Razón" (http://www.larazon.es/detalle_opinion/noticias/919610/opinion+columnistas/causa-general-contra-el-pp ), suscitou unha enorme polémica, ao considerar moitas das opinións posteriores, que o seu artigo carecía de falta de obxectividade.

Profesor universitario[editar | editar a fonte]

Desde 1993 exerce como profesor en distintas universidades españolas. Foi profesor de Comunicación e Dereito da Información na Universitat Abat Oliva e profesor de Dereito Constitucional na Universidade Autónoma de Barcelona. En outubro de 2018 foi nomeado profesor titular na Universidade Rey Juan Carlos.[5]

Política[editar | editar a fonte]

Nos anos 1970 formou parte do Comité Executivo das Xuventudes de UCD.[6] En 1995 afiliouse ao Partido Popular e resultou elixido deputado deste partido no Parlamento de Cataluña o 19 de novembro dese mesmo ano. O 10 de maio de 1996, cando o PP gañou as eleccións xerais, o Consello de Ministros nomeouno Director do gabinete do ministro de Administracións Públicas,[7] baixo as ordes do que, anos despois, sería presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Continuou no mesmo cargo xunto a Rajoy cando este, en 1999, foi nomeado Ministro de Educación e Cultura. Cando Rajoy era Ministro da Presidencia, Marhuenda foi nomeado, o 5 de maio de 2000, Director Xeral de Relacións coas Cortes en dito Departamento.[8] Exerceu o cargo durante algo menos dun ano.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Antena de Ouro (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Marhuenda&oldid=4954529"