Francisco Millán Mon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Millán Mon
Francisco Millán Mon.jpg
Nacemento8 de marzo de 1955
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e diplomático
IrmánsAlejandro Millán Mon
editar datos en Wikidata ]

Francisco José Millán Mon, nado en Pontevedra o 8 de marzo de 1955, é un diplomático e político galego do Partido Popular.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño do conde de Quirós, Millán Mon licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e despois diplomouse en Estudos Internacionais na Escola Diplomática de Madrid.

Ingresou na carreira diplomática en 1980 e en 1984 marcha traballar á embaixada de España na República Federal Alemá, que daquela estaba en Bonn. Despois regresou ao ministerio de Exteriores onde traballou entre outros postos na asesoría xurídica co ministerio e como director do gabinete do Secretario Xeral para as Comunidades Europeas. En 1993 volveu marchar, neste caso á embaixada en Rabat, e ao seu regreso a Madrid en 1996 volveu ao seu posto como director de gabinete na dirección xeral ocupada das relacións coa Unión Europea, pero desta vez xa cunha administración do Partido Popular. En 1998 foi nomeado director xeral de Política Exterior para Europa baixo o ministerio de Abel Matutes.

No ano 2000 pasou a ser asesor de política internacional do ministro de Presidencia Mariano Rajoy, e logo continuou no seu equipo cando este pasou ao ministerio do Interior. Ao perder o Partido Popular as eleccións xerais de 2004, Millán Mon pasou a compoñer a lista da súa formación ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2004, e resultou elixido eurodeputado. Como parlamentario en Bruxelas centrouse sobre todo en aspectos de política exterior europea, e foi relator dun informe sobre as relacións cos Estados Unidos. Foi o voceiro do Partido Popular Europeo no proceso de adhesión de Romanía á Unión Europea. resultou reelixido nas eleccións de 2009. En 2010 pasou a presidir o intergrupo de parlamentarios para os Camiños de Santiago. Dende 2008 é ademais membro do Comité Executivo Nacional do PP.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É sobriño de Isidoro Millán González-Pardo e irmán do actual conde de Quirós, Alejandro Millán Mon, quen ademais foi gobernador civil de Pontevedra. Casou con Mercedes Rajoy Brey, irmá de Mariano Rajoy, de quen é polo tanto cuñado.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_Millán_Mon&oldid=4702809"