Francisco de la Torre Prados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco de la Torre Prados
Francisco de la Torre Prados

Escudo de Málaga.svg
Alcalde de Málaga
4 de maio de 2000 – ...
Precedido por Celia Villalobos Talero
Sucedido por ...

Actualmente no cargo
Dende o 20 de novembro de 2011

Escudo de España (1977-1981).svg
Deputado no Congreso das Cortes Xerais de España
por Málaga
1977 – 1982

Escudo de Andalucía (oficial2).svg
Conselleiro de Economía, Facenda e Turismo da Xunta Preautonómica de Andalucía
1978 – 1979
Precedido por Ninguén
Sucedido por Pedro Valdecantos

Escudo de la provincia de Málaga.svg
Presidente da Deputación de Málaga
1971 – 1975

Presidente Provincial de UCD en Málaga
1979 – 1980

Secretario Rexional de UCD de Andalucía
1979 – 1980

Datos persoais
Nacemento 21 de decembro de 1942 (76 anos)
Málaga, España Flag of Spain (1938–1945).svg
Partido Unión de Centro Democrático (UCD)
Indep.(Partido Andaluz Socialdemócrata)
Partido Popular(PP)
Profesión Enxeñeiro agrónomo

Francisco de la Torre Prados, nado en Málaga o 21 de decembro de 1942, é o alcalde da cidade de Málaga e senador. Licenciado en Socioloxía e Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Especialista en Desenvolvemento Rexional pola Universidade de Rennes (Francia).

Traballou no Instituto Nacional de Investigacións Agronómicas (1967). Asesor enviado polo goberno español a gobernos latinoamericanos en temas de reforma e desenvolvemento agrario (1968-1969).

Inicios políticos[editar | editar a fonte]

Os seus inicios na vida pública local malagueña remóntanse ao seu labor na Asociación de Amigos da Universidade de Málaga, entidade que xogou un destacado papel na consecución da creación de dita Universidade.[1] Con 28 anos, en 1971, é nomeado presidente da Deputación de Málaga, feito que foi interpretado pola sociedade malagueña como un signo de apertura cara a unha etapa reformista no marco da cerrada política española da época.[2] As súas posicións de claro compromiso liberal, e dunha España para todos, deron como resultado que fora expulsado do cargo en 1975.[3]

Nos momentos da transición cara á democracia, funda e preside o Partido Andaluz Socialdemócrata, formación que posteriormente se integra na Unión de Centro Democrático xunto coa Federación Socialdemócrata de Francisco Fernández Ordóñez.

Etapa en UCD[editar | editar a fonte]

Como militante de UCD foi Presidente provincial en Málaga e Secretario Rexional de Andalucía nos anos 1979 e 1980, así como deputado no Congreso en representación da provincia de Málaga entre 1977 e 1982. Entre maio de 1978 e xuño de 1979 foi Conselleiro de Economía, Facenda e Turismo[4] da primeira Xunta Preautonómica de Andalucía, que presidiu Plácido Fernández Viagas, do PSOE.

Ao disolverse a UCD en 1982, volve exercer como enxeñeiro agrónomo na súa praza da administración pública, como xefe de servizo na Delegación de Agricultura de Málaga. Durante o resto da década dos 80 colabora no proxecto do Partido Reformista Democrático (PRD) liderado por Miquel Roca Junyent, do que foi responsable provincial en Málaga, e co Centro Democrático y Social (CDS) de Adolfo Suárez. Nesta época foi a primeira voz da sociedade civil malagueña que defendeu publicamente a inclusión de Málaga na rede española de trens de alta velocidade, nun momento no que o goberno español non contemplaba a chegada da alta velocidade a Málaga, mentres que os estudos e ditames da Comisión de Transportes do Parlamento Europeo si o facían.[5]

Etapa no Partido Popular[editar | editar a fonte]

Posteriormente, nos anos 90, o seu acercamento ao Partido Popular (xa refundado como tal) tradúcese publicamente na súa presenza apoiando a candidatura do PP nas eleccións andaluzas de 1994, concorrendo ao ano seguinte, aínda como independente, ás eleccións municipais na lista de dito partido ao Concello de Málaga.

Tenente de alcalde do goberno encabezado por Celia Villalobos, foi concelleiro Delegado de Urbanismo, simultaneando esta responsabilidade coa doutras áreas como Vivenda, Obras, Desenvolvemento Territorial ou Transporte, entre 1995 e 2000.

Desde o ano 2000 é o alcalde de Málaga. Debeu afrontar ao mes de chegar ao cargo o asasinato de José María Martín Carpena, concelleiro do seu equipo de goberno matado por ETA, atentado ao que a cidade de Málaga respondeu coa manifestación máis multitudinaria da súa historia. Poucos meses despois asasinaban o seu cuñado Luis Portero García -Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía- no portal da súa casa, o 9 de outubro dese mesmo ano, cun tiro na caluga.

De 2001 a 2003 foi presidente de Facendas Locais e membro da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). En 2003 gaña as eleccións municipais por maioría absoluta. Foi así mesmo presidente da Comisión de Mobilidade e Accesibilidade da Federación Española de Municipios e Provincias e vicepresidente primeiro da Federación Andaluza de Municipios e Provincias.

Nas eleccións municipais de maio de 2007 renovou a súa maioría absoluta no Concello de Málaga.

Actualmente é Membro da Comisión Executiva e Presidente da Comisión de Accesibilidade e Mobilidade da FEMP, Vocal da Comisión Executiva de Federación Andaluza de Municipios e Provincias (FAMP) , Vocal do Consello Municipalista Andaluz e Presidente do Spain Convention Bureau.

O 22 de maio de 2011 volve ser elixido alcalde de Málaga por maioría absoluta para os próximos catro anos de lexislatura. O 20 de novembro dese mesmo ano é elixido senador nas eleccións xerais, sendo o candidato máis votado da provincia.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Celia Villalobos
Escudo de Málaga.svg
Alcalde de Málaga

Desde o 4 de maio de 2000
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
"
Escudo de Andalucía (oficial2).svg
Conselleiro de Economía, Facenda e Turismo da Xunta Preautonómica de Andalucía

1978-1979
Sucesor:
Pedro Valdecantos
Predecesor:
"
Escudo de la provincia de Málaga.svg
Presidente da Deputación de Málaga

1971-1975
Sucesor:
"
Predecesor:
Joaquín Luis Ramírez Rodríguez
Coat of Arms of the Senate of Spain.svg
Senador nas Cortes Xerais de España

2011-
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
"
Presidente Provincial de UCD en Málaga
1979-1980
Sucesor:
Ninguén
Predecesor:
"
Secretario Rexional de UCD en Andalucía
1979-1980
Sucesor:
"
Predecesor:
"
Escudo de España (1977-1981).svg
Deputado no Congreso das Cortes Xerais de España

1977-1982
Sucesor:
"
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Francisco_de_la_Torre_Prados&oldid=5077351"