Fuenlabrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°16′57″N 3°47′33″O / 40.28250, -3.79250

Fuenlabrada
Flag of Fuenlabrada.svg
Escudo de Fuenlabrada.svg
Panorámica de Fuenlabrada.jpg
Fuenlabrada.
Localización
Fuenlabrada (Madrid) mapa.svg
PaísEspaña España
Com. AutónomaMadrid
ProvinciaMadrid
ComarcaÁrea metropolitana de Madrid
Xeografía
Altitude664 msnm
Superficie39,1 km²
Demografía
Poboación198.132 hab. (2012)
Densidade5.067,31 hab./km²
Xentiliciofuenlabreño/a
Outros datos
Código postal28940–28947
AlcaldeManuel Robles (PSOE)
Páxina oficial

Fuenlabrada é unha cidade e un concello español da Comunidade de Madrid, situado ao sur da cidade de Madrid, no límite externo da súa área metropolitana.

Está situado a uns 20 quilómetros ao sur de Madrid, e limita cos concellos de Móstoles, Arroyomolinos, Moraleja de Enmedio, Humanes de Madrid e Villarta de los Montes.

Historia[editar | editar a fonte]

Praza da Constitución

O nome de Fuenlabrada probablemente vén de Fuente Labrada, por unha fonte construída na actual Loranca, aldea precursora de Fuenlabrada xunto á de Fregacedos, cara ó século XII.

A poboación proveniente de Loranca, Fregacedos e Alba no século XIV estableceuse no que hoxe en día é o principio de Calle de la Fuente. Desde ese punto foise expandindo, e en 1606 xa contaba con diversas rúas nomeadas por edificios: da Iglesia, do Hospital ou das Tabernas. Cunha poboación de pouco máis de 1.000 habitantes, no século XVII xa estaba conformado o casco antigo de Fuenlabrada.

A poboación continuou aumentando durante os dous séculos seguintes, a excepción do tempo da ocupación francesa. En 1894 contaba con 2.175 habitantes. Ao longo da primeira metade do século XX, a diferenza do resto de España, Fuenlabrada aumenta a súa poboación a 2.908 habitantes en 1960. En menos dunha década sufriu un dos aumentos máis espectaculares da área metropolitana de Madrid. Pasou de ter 7.369 en 1970 á cifra de 65.181 en 1980. No ano 1990 alcanzou os 141.496 habitantes, e a principios do século XXI posúe ao redor de 200.000 habitantes. Ao longo de todo este tempo pasou dunha estrutura urbanística totalmente rural a unha gran cidade.

No 2006 a ministra da Vivenda, María Antonia Trujillo, concede á localidade o Premio Nacional de Urbanismo polo seu excelente Plan de Ordenación Urbana.

Demografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal, de 39,41 km², tiña en 2018 unha poboación de 193.586 habitantes e unha densidade de poboación de 4929,58 hab./km².

É un dos municipios cunha poboación máis xove en todo o territorio español. Isto débese a un proceso de migración que tivo lugar nos anos 80, e á chegada de moitos xoves que procuraban vivenda, sendo así tamén a cidade moi castigada pola especulación inmobiliaria. En moi pouco tempo, a cidade pasou de ter 18.442 habitantes no 1975 a ter 212.395 en 2001. O seu crecemento foi espectacular, un 874,6 por cento.

En abril de 2006 Fuenlabrada entrou a formar parte das grandes cidades da Comunidade de Madrid, grazas á aprobación na asemblea da Lei de grandes cidades.

Economía[editar | editar a fonte]

Centro Comercial Plaza de la Estación, inaugurado en 2004.

A economía de Fuenlabrada pasou de ser predominantemente agrícola, a contar con numerosos polígonos industriais (Cobo Calleja, Sonsoles ou El Palomo) que fan desta cidade un motor económico da Comunidade de Madrid, xa que conta co 25% da industria da rexión.

Conta con máis de setenta centros de ensino, entre os que destaca o campus da Universidade Rey Juan Carlos, o cal alberga desde 2000 a Facultade de Ciencias da Comunicación e a Escola Universitaria de Turismo; desde 2005 a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación (ETSIT); e desde 2007 o Instituto Superior da Danza Alicia Alonso; ademais de albergar parte da aula universitaria do centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) Madrid-Sur.

Tamén conta cunha rede sanitaria, que dá servizo a todos os veciños da localidade, con numerosos centros de saúde. Así mesmo, a sanidade viuse reforzada coa construción do Hospital Universitario de Fuenlabrada, con capacidade para 385 camas, varias especialidades, que fai que os veciños non teñan que desprazarse ata Madrid ou Leganés. O hospital foi inaugurado en 2004 pola presidenta da comunidade autónoma, Esperanza Aguirre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Fuenlabrada&oldid=5171931"