Gösta Mittag-Leffler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gösta Mittag-Leffler
Magnus Goesta Mittag-Leffler 1.jpg
Nome completoMagnus Gustaf Mittag-Leffler
Nacemento16 de marzo de 1846
 Klara Parish
Falecemento7 de xullo de 1927
 Djursholm
SoterradoDjursholms Begravningsplats
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Uppsala
Ocupaciónmatemático e catedrático de universidade
PaiOlof Leffler
NaiGustava Wilhelmina Mittag
IrmánsAnne Charlotte Leffler, Frits Läffler e Artur Leffler
Coñecido/a porfunção de Mittag-Leffler, Mittag-Leffler's theorem e Mittag-Leffler distribution
PremiosForeign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Magnus Gustav (Gösta) Mittag-Leffler, nado o 16 de marzo de 1846 en Estocolmo e finado o 7 de xullo de 1927[1][2] en Djursholm (Estocolmo), foi un matemático sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mittag-Leffler naceu en Estocolmo. Era fillo dun director de escola e tamén deputada da cámara baixa sueca[3], John Olof Leffler, e de Gustava Wilhelmina Mittag, cuxo apelido engadiría ao apelido paterno. A súa irmá foi a escritora Anne Charlotte Leffler. Matriculouse na Universidade de Upsala en 1865, e conseguiu o doutoramento en 1872 por un traballo sobre a teoría da función analítica[4] polo que comenzou ese mesmo ano a docencia nesa mesma universidade. Tamén foi director da Stockholm Nation entre 1872 e 1873.

En 1873, con 27 anos, mudouse a París para seguir os cursos de Charles Hermite cuxa reputación como matemático era moi recoñecida, quen lle aconsellou que fora a Berlín aos cursos de Weierstrass. Con este último levou a cabo importantes traballos sobre a análise complexa e series de funcións. Continuou o traballo de Joseph Liouville, un teorema de descomposición de funcións meromorfas que leva o nome deste. Despois chegou estableceu o seu propio teorema sobre a representación de funcións uniformes mediante series polinómicas.

Posteriormente, conseguiu a cátedra de matemáticas na universidade Alexandre de Helsingfors, hoxe universidade de Helsinqui, que desempeñou entre 1877 e 1881. Marchou á universidade de Estocolmo, onde creou a cátedra de matemáticas en 1878 e conde foi rector en dúas ocasións.[3]

Imaxe dun exemplar de 1886 da revista Acta Mathematica.

En 1882, creou a revista Acta Mathematica da que sería redactor xefe durante preto de 45 anos. Nela, contou co patrocinio do rei Óscar II de Suecia e tamén empregou parte da fortuna da súa esposa Signe Linfords, filla dunha rica familia finlandesa. Será a fonte de publicación de moitos dos grandes matemáticos da época, como o Cantor ou Sofía Kowalewska. Foi grazas a Mittag-Leffler e Weierstrass que Kowalewska puido ser coñecida e, en particular, obter unha cátedra de matemáticas -en 1883- na universidade de Estocolmo[2][5]. En xaneiro de 1889, participou como xurado no concurso de matemáticas internacional, organizado polo rei Óscar II.

Foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia dende 1883, da Sociedade Finlandesa das Ciencias e as Letras dende 1878, da Real Sociedade Sueca das Ciencias en Upsala, da Real Sociedade Xeográfica Sueca en Lund dende 1906 e de aproximadamente 30 sociedades estranxeiras entre as que destacan a Royal Society de Londres (1896) e a Academia Francesa das Ciencias de París. Recibiu doutoramento honoris causa de varias universidades como a Universidade de Oxford, Boloña ou Cambridge entre outras[3].

Reuniu unha importante biblioteca de textos matemáticas na súa casa en Djursholm, nas aforas Estocolmo. Tanto a casa como a biblioteca foron doadas, en 1916, por Mittag-Leffler e a súa muller á Academia Sueca de Ciencias[1] para crear unha fundación para promover as matemáticas nos países escandinavos. Posteriormente, renomeouse como Instituto Matemático Mittag-Leffler.[2]

Durante moito tempo especulouse que Mittag-Leffler foi o causante da inexistencia do premio Nobel de matemáticas ao ter unha aventura amorosa coa muller de Alfred Nobel ou cunha italiana pola que competían os dous.[6] Hoxe en día, rexéitase esa a idea entre outras cousas polo feito de que Nobel non casou nunca[7] e atribúese quizais ao feito de que Nobel non consideraba que a ciencia teórica puidese mellorar o mundo como era a súa intención.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "Biografía de Gösta_Mittag-Leffler". MacTutor History of Mathematics archive. Consultado o 30-07-2017. 
  2. 2,02,12,2 "Magnus Gösta Mittag-Leffler". Encyclopedia Brittanica. Consultado o 30-07-2017. 
  3. 3,03,13,2 "Mittag-Leffler, Magnus Gustaf (Gösta)". Encyclopedia.com. Consultado o 30-07-2017. 
  4. "Historia do Instituto Mittag-Leffler". Instituto Mittag-Leffler. Consultado o 30-07-2017. 
  5. "Gösta Mittag-Leffler, el hombre que no tenía miedo al genio femenino". Principia. Consultado o 30-07-2017. 
  6. Isaza, José Fernando (2-12-2009). "Medalla Fields". El espectador. Consultado o 30-07-2017. 
  7. "El matemático feminista". XLSemanal. Consultado o 30-07-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Teorema de Mittag-Leffler
  • Función de Mittag-Leffler
  • Instituto Mittag-Leffler

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gösta_Mittag-Leffler&oldid=5009062"