Gabino de Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gabino de Lorenzo

Actualmente no cargo
Dende o 9 de xaneiro de 2012
Precedido por Francisco González Zapico

15 de xuño de 1991 – 9 de xaneiro de 2012
Precedido por Antonio Masip
Sucedido por Agustín Iglesias Caunedo

10 de xuño de 1987 – 9 de xaneiro de 2012

Datos persoais
Nacemento Oviedo, Principado de Asturias Asturias
Partido Partido Popular
Profesión Enxeñeiro de minas

Gabino de Lorenzo Ferrera, nado o 14 de febreiro de 1943 en Oviedo, é un político asturiano que milita no Partido Popular. É o actual delegado do goberno en Asturias, cargo para o que foi nomeado no Consello de Ministros de España o día 5 de xaneiro de 2012.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos. Estudou no Colexio dos Irmáns Maristas e máis tarde obtivo o título de enxeñeiro na Escola de Minas de Oviedo e posteriormente o de doutor na Universidade de Oviedo.

A súa vida laboral empezou en Uninsa na Fábrica de Moreda de Xixón, e posteriormente, en Ensidesa (Veriña) e, tanto en Moreda como en Ensidesa, traballou nas oficinas do alto forno.

Afiliouse a Alianza Popular en 1983. No ano 1987 abandonou o exercicio da súa profesión cando foi elixido Concelleiro de Oviedo como cabeza de lista do PP, grupo maioritario da oposición neses momentos. Desde entón até o 2 de marzo de 2013 presidiu a Xunta Local do PP en Oviedo.

Catro anos máis tarde, en 1991, obtivo a alcaldía de Oviedo, cargo que repitiu con maiorías absolutas nas eleccións de 1995, 1999, 2003 e de 2007.

Desde 1995 é membro da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular e tamén forma parte do Comité Executivo Rexional e da Xunta Directiva Rexional en Asturias.

Durante os anos da súa alcaldía Oviedo experimentou unha renovación do entorno urbano: foi pioneiro na peatonalización das rúas da cidade e no soterramento das vías férreas no centro. Durante a década dos noventa, a cidade fue remodelada na súa maior parte, dándolle un aspecto uniforme. Estas melloras permitiron que Oviedo se consolidara como un dos destinos turísticos principais da zona central de Asturias, á vez que se consolida como un importante centro de turismo de congresos (sobre todo a raíz da apertura do Auditorio-Palacio de Congresos Príncipe Felipe). Realizou grandes investimentos en limpeza, conseguindo varios premios para a cidade: en 1994 gañou a Vasoira de Prata á cidade máis limpa de España, en 1996 a Vasoira de Ouro, en 2002 e en 2004 a Vasoira de Platino (no 2004 foi pola recollida selectiva de lixo).[2]

En xaneiro de 2008 foi designado cabeza de lista nas eleccións xerais por Asturias ao Congreso dos Deputados. O 9 de marzo de 2008 o PP perdeu as eleccións en número de votos en Asturias e Gabino renunciou á súa acta de deputado «por non ter alcanzado os obxectivos que se propuxeran».[3]

Tras vinte anos ostentando de forma ininterrompida a alcaldía de Oviedo con maioría absoluta, o 22 de maio de 2011 de Lorenzo perde dita maioría no concello a causa da irrupción de Foro Asturias no panorama político asturiano: o Partido Popular baixou de 17 a 11 edís, e Arturo González de Mesa, candidato por FAC á alcaldía, conseguiu 7 edís, converténdose na segunda forza política no Consistorio, por diante do PSOE e de IU.[4] Non obstante, Gabino de Lorenzo foi ratificado como alcalde por sexta vez, nesta ocasión para gobernar en minoría.

O 5 de xaneiro de 2012 foi nomeado delegado do goberno en Asturias, tendo que renunciar á súa acta de concelleiro e á alcaldía de Oviedo para asumir as súas novas responsabilidades o día 9 de xaneiro de 2012.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Rubio, Alberto (5 de xaneiro de 2012). "Gabino de Lorenzo, nuevo delegado del Gobierno en Asturias". La Nueva España. EFE. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  2. "Oviedo repite el galardón ‘Escoba de Platino’ a la ciudad más limpia". La Hora de Asturias (en español). Consultado o 22 de maio de 2013. 
  3. EFE, ed. (11 de marzo de 2008). "Gabino De Lorenzo renuncia a su acta de diputado". La Nueva España. Consultado o 22 de maio de 2013. asumo personalmente la responsabilidad de no haber alcanzado los objetivos que nos habíamos propuesto 
  4. "Resultados Oviedo 2011". El Mundo. 22 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2011. Consultado o 22 de maio de 2013. 
Predecesor:
Antonio Landeta y Álvarez-Valdés
People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Presidente da Xunta Local do PP de Oviedo

1987-2013
Sucesor:
Agustín Iglesias Caunedo
Predecesor:
Antonio Masip
Escudo de Oviedo.svg
Alcalde de Oviedo

1991-2012
Sucesor:
Agustín Iglesias Caunedo
Predecesor:
Francisco González Zapico
Escudo de España (mazonado).svg
Delegado do Goberno de España en Asturias

2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gabino_de_Lorenzo&oldid=5168940"