Gala González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gala González
Nacemento16 de marzo de 1986
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeseñador de moda, socialite e modelo
editar datos en Wikidata ]

Gala González, nada na Coruña o 16 de marzo de 1986, é unha deseñadora de moda, modelo e blogueira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia relacionada co mundo da moda en Galicia. O seu tío é o deseñador Adolfo Domínguez, e o seu pai tamén traballou na empresa do tío en postos directivos.

En 2003 marchou a Londres a estudar moda na Universidade de Artes de Londres, no college Central Saint Martins.[1] Comezou a traballar para Adolfo Domínguez como directora creativa da súa liña xuvenil (Liña U) ao rematar os estudos, en 2007, pero a sona da súa traxectoria profesional veu da man da comunicación. En 2005 abriu un fotolog de moda e en 2007 comezou co seu propio blog. En 2014 tiña 340.000 seareiros na súa conta de Instagram[2].

En 2009 presentaba a súa primeira colección de moda de seu, Music Collection[3], para Adolfo Domínguez. En xuño de 2010 foi modelo para a colección de Loewe[4], e despois diso viñeron outras firmas como H&M, Mango, Corello, Guerreiro ou AG, así como a marca de produtos de depilación Veet.

González apareceu en diversas publicacións, como Vogue, Elle ou Marie Claire.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gala_González&oldid=4736334"