Germán Castrillón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Germán Castrillón
Nacemento1959
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista e político
editar datos en Wikidata ]

Germán Castrillón Permuy, nado en 1959, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi piloto de rallys e membro da escudaría Siroco Team Narón, organizadora do Rally Cidade de Narón[1]. Participou no Campionato de Galicia de Rallys, obtendo varias vitorias e o campionato de pilotos en seis ocasións: 1990, 1992, 1996, 1998, 1999 e 2000, sendo o piloto que máis veces gañou o certame autonómico. Obtivo un total de 38 vitorias, sendo o piloto galego con máis triunfos no campionato.[2] Tamén participou en probas puntuables para o Campionato de Europa e o Campionato de España coma o Rally da Coruña ou o Rally Príncipe de Asturias[3].

Política[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cabanas e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. En 2011 foi inhabilitado para ocupar cargos en organizacións deportivas por organizar o 39º Rally de Ferrol (2008) sen contar co permiso da Federación Galega de Automobilismo[4].

Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía que foi para Carlos Ladra Brage do PSdeG.[5]


Predecesor:
José Rey García
 Escudo de Cabanas.svg
Alcalde de Cabanas
 
2007 - 2019
Sucesor:
Carlos Ladra Brage


Predecesor:
Arturo Rial
 Campión de Galicia de Rallys 
1990
Sucesor:
Arturo Rial
Predecesor:
Arturo Rial
 Campión de Galicia de Rallys 
1992
Sucesor:
Arturo Rial
Predecesor:
Miguel Dopico
 Campión de Galicia de Rallys 
1996
Sucesor:
Javier Piñeiro
Predecesor:
Javier Piñeiro
 Campión de Galicia de Rallys 
1998-2000
Sucesor:
Manuel Senra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia Rally de Narón
  2. Figueirido, Javier (2013). Alfredo Bárcena, ed. "Buscamos al hombre récord del gallego de ralis". Cronomotor (en castelán) (290): 26–31. ISBN 9775764106. 
  3. Germán Castrillón. rallybase.nl
  4. El Superior ratifica la inhabilitación de Castrillón para ocupar cargos deportivos
  5. Concello de Cabanas na FEGAMP

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Germán_Castrillón&oldid=5252735"