Orde do Mérito Civil (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Cruz da Orde do Mérito Civil")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Orde do Mérito Civil
Grand Cross and Star of the Order of Civil Merit (Spain).svg
Venera e placa do grao de Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
Outorgada por Rei de España
Tipo Orde civil
Outorgada por Servizos relevantes ao Estado, traballos extraordinarios e outros méritos de carácter civil
Gran mestre Felipe VI de España
Estado Actualmente en vigor
Estadísticas
Establecida en 1926
Precedencia
Seguinte menor Orde Civil de Alfonso X o Sabio

A Orde do Mérito Civil é, xunto coa Real Orde de Isabel a Católica, unha das dúas ordes actualmente dependentes do Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Concédese a cidadáns españois ou estranxeiros que realizaron méritos civís: servizos relevantes para o Estado, traballos extraordinarios etc.

Historia[editar | editar a fonte]

A Orde do Mérito Civil foi instituída polo rei Alfonso XIII por real decreto do 25 de xuño de 1926, a proposta do entón presidente do Consello de Ministros, Miguel Primo de Rivera, publicándose o seu primeiro regulamento o 25 de maio de 1927.

O goberno da Segunda República aboliu a devandita Orde mediante Decreto do 24 de xullo de 1931, restituíndose coas súas características anteriores, privilexios e antigüidade por Decreto do 7 de novembro de 1942.

Os numerosos cambios experimentados dende esa data, tanto pola realidade social e política de España, como polo sistema xurídico-administrativo, aconsellaron a súa actualización, de xeito que, mediante o Real decreto do 6 de novembro de 1998, aprobouse o actual regulamento.

No período comprendido entre 1979 e 2013 concedeuse en España a Orde do Mérito Civil a un total de 22 669 persoas.[1]

Regulamento actual[editar | editar a fonte]

O artigo 1 do Regulamento indica que a Orde do Mérito Civil está destinada a recompensar os méritos civís adquiridos por persoal dependente de calquera das Administracións Públicas incluídas no ámbito da Lei 30/92, ou por persoas alleas á Administración que presten ou teñan prestado servizos relevantes ao Estado, con traballo extraordinario, proveitosas iniciativas ou con constancia exemplar no cumprimento das súas funcións.

O artigo 2 de dito Regulamento menciona que esta condecoración tamén se poderá conceder a persoas de nacionalidade estranxeira, sempre que prestasen servizos distinguidos a España ou unha colaboración notable en todas aquelas cuestións que resulten beneficiosas para ela.

Graos[editar | editar a fonte]

A Orde do Mérito Civil consta de sete graos:

  • Order of Civil Merit (Spain) - Sash of Grand Collar.svg Colar. Leva adxunto o tratamento de Excelencia ou Excelentísimo ou Excelentísima ou Excelentísimo Señor ou Excelentísima Señora.
  • Order of Civil Merit (Spain) GC.svg Gran-Cruz. Leva adxunto o tratamento de Excelencia ou Excelentísimo ou Excelentísima ou Excelentísimo Señor ou Excelentísima Señora.
  • Order of Civil Merit (Spain) - Crosses.svg Encomenda de Número. Leva adxunto o tratamento de Ilustrísimo ou Ilustrísima ou Ilustrísimo Señor ou Ilustrísima Señora.
  • Order of Civil Merit (Spain) - Crosses.svg Encomenda. Leva adxunto o tratamento de Señoría ou Señor ou Señora.
  • Order of Civil Merit (Spain) - Crosses.svg Cruz de Oficial.
  • Order of Civil Merit (Spain) - Crosses.svg Cruz.
  • Order of Civil Merit (Spain) - Crosses.svg Cruz de Prata

O Colar é o de rango máis alto e a Gran Cruz é o segundo, polo que normalmente se concede a altos funcionarios da Administración, xenerais dos Exércitos e Garda Civil, ou a persoas españolas e estranxeiras relevantes, sendo necesaria a súa aprobación polo Consello de Ministros.

Insignias[editar | editar a fonte]

Insignias e Pasadores
Collar of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Star of the Collar Grade of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Grand Cross and Star of the Order of Civil Merit (Spain).svg
Star of the Commander by Number Grade of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Colar Placa do Colar Gran-Cruz Encomenda de Número
Nsignia of the Commander Grade of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Officer's Cross of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Cross of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Silver Cross of the Spanish Order of the Civil Merit.svg
Encomenda Cruz de Oficial Cruz Cruz de Prata

Retirada de distincións[editar | editar a fonte]

O agraciado con calquera das categorías que fose condenado pola comisión dun delito doloso ou pública e notoriamente realizase actos contrarios aos motivos determinantes para outorgar a distinción poderá, en virtude dun expediente iniciado de oficio ou por denuncia motivada, e coa intervención do fiscal da Real Orde, ser desposuído do título correspondente á distinción outorgada, decisión que corresponde a quen a concedeu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escudero, Jesús (26 de marzo de 2014). "Rajoy cierra el grifo de las condecoraciones hasta el nivel más bajo de la democracia". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Ordes, condecoracións e medallas de España

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Orde_do_Mérito_Civil_(España)&oldid=5281493"