Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°10′27″N 3°35′55″O / 37.17417, -3.59861

Granada
Bandera de Granada.png
Escudo de Granada.png
Vista panorámica da Alhambra
Generalife-Patio da acequia Alhambra-Patio dos Leóns Alhambra-Palacio de Carlos V
Vista do Albaicín desde a Alhambra Catedral de Granada
Real Chancillería de Granada Porta Real Gran Vía
Localización
Granada, Spain location.png
PaísEspaña
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaGranada
ComarcaVega de Granada
Xeografía
Altitude738 msnm
Superficie88,02 km²
Demografía
Poboación236.988 hab. (INE 2008)
Densidade2.699,18 hab./km²
XentilicioGranadino/a
Outros datos
Código postal18001 - 18015
AlcaldeJosé Torres Hurtado (PP)
www.granada.org

Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía. Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na súa área metropolitana que se estende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.

Orixe etimolóxica[editar | editar a fonte]

Foron os zirís os que no século XI trasladaron a capital de Medina Elvira até Medina Garnata, nome que lle foi dado en referencia á fruta do mesmo nome que abundaba naquela rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

Historia Antiga[editar | editar a fonte]

Poboada desde tempos iberos ( século VIII a.C.) segundo parece co nome Ilturir, ten contacto coa cultura de Tartesos e cos pobos Bastetanos. Consérvanse restos de murallas defensivas do século VI a. C. do asentamento que cambiou o seu nome por Iliberri, que se mantén até a súa submisión aos romanos en 193 a.C.. Os romanos chamáronlle Iliberis.

Idade Media[editar | editar a fonte]

A cidade de Granada

A cidade forma parte do Reino Visigodo de Toledo até que en 711, Tarik somete Iliberis. En 713 Abdelaziz conquista definitivamente o territorio despois de sufocar unha rebelión. En 740 hai unha rebelión dos bérberes africanos. Tropas sirias acoden a loitar contra eles. En España conseguen vencer os sirios. Outórganselles terras en varios lugares, entre outros en Elvira. En 756, a poboación moura defínese no asentamento de dous núcleos (é a época do Emirato Independente): o Albayzín e A Alhambra.

Foi un importante centro urbano de Al-Andalus, formou parte do Califato de Cordoba como Madina Ilbira ou de Elvira. Coa chegada dos zirís no século XI, trasládase a cidade desde Medina Elvira —no chan— até Medina Garnata —nos outeiros—, o seu primitivo e actual emprazamento na aba do Albayzín.

En 1010 produciuse a destrución da cidade, feito que xa se coñece como Garnata. Sucede un período de continuas guerras civís por acadar o trono. En 1013 chega ao poder a dinastía dos zirís, fundada por Zawi ben Ziri, procedente de África. Continúan as guerras por conseguir o poder. En 1035 é xa un Reino de Taifas. En Granada a maioría son bérberes. Despois ven a dominación dos almorávides e hai moitas loitas internas. A pesar disto, o desenvolvemento continúa. En 1146 chaman na súa axuda, e para a loita contra os reinos cristiáns, aos almohades. Granada segue desenvolvéndose en boa medida. A batalla das Navas de Tolosa significa un desastre para os almohades e como consecuencia desenvólvese unha grande anarquía. Até que no ano 1232 entra en Granada pola Porta de Elvira e para ocupar o Palacio do Galo do Vento (antiga casa real), Mohamed ibn Yusuf ibn Nâzar (ou Nasr), chamado Alhamar (o Roxo, porque tiña a barba de cor roxa). Funda a dinastía Nazarí e o Reino de Granada. Houbo 20 sultáns granadinos desta dinastía. O último foi Boabdil.

Granada converteuse nunha das cidades máis prósperas de Europa. Baixo o reinado de Alhamar construíuse o Palacio da Alhambra (non o que vemos agora porque o seu aspecto actual débese a Iusuf I e Mohamed V, século XIV).

No Albayzín vivían os artesáns e a nobreza. A poboación ocupou a parte máis baixa cara o sur, con grandes industrias, alfándegas e a "Madraza" (Universidade relixiosa e de ensinanzas coránicas).

No Realexo vivía o barrio xudeu. Tiñan unha base sólida e económica. Estes tiñan o seu barrio granadino na banda esquerda do río Darro. Foron identificados como "Garnata al-Yahud". Cando chegaron os reis cristiáns, renomeárono co nome actual do Realexo. O máis significativo que ten o barrio é o Campo do Príncipe, mandado construír polos Reis Católicos para o gozo das festas do seu fillo "Juan", aínda que a súa vida foi curta e non se puido gozar nada.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima de Granada é mediterráneo continental. As temperaturas son frescas no inverno, con abundantes xeadas, e temperadas no verán, con máximas que superan moitas veces os 35 °C. A oscilación térmica é moi alta durante todo o ano superando moitas veces os 20º nun día. As precipitacións son escasas e prodúcense sobre todo nos meses máis fríos, presentando unha forte seca estival.

Observatorio do Aeroporto de Granada
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Media
Temp. máxima (°C) 13,0 15,3 18,6 20,1 24,6 30,0 34,4 33,9 29,4 22,7 17,2 13,5 22,8
Temp. mínima (°C) 0,3 1,8 3,4 5,6 9,0 12,9 15,2 15,0 12,4 8,2 4,2 1,8 7,5
Precipitacións (mm) 41 38 30 38 28 17 4 3 16 42 48 56 357

As temperaturas máximas de Granada foron os 42,6º do 22 de xullo de 1995, 41,6º do 2 de agosto de 1988 e 41,5º do 27 de xuño de 2004. Canto á temperatura mínima, os -14,2º do 16 de xaneiro de 1987 e os -11,0º do 28 de xaneiro de 2005.

Cultura[editar | editar a fonte]

Fachada floreada no Albaicín.

En Granada encontramos a famosa Alhambra, unha fortaleza e palacio andalusí, declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO en 1984, xunto co Generalife e o barrio do Albaicín. Esta riqueza histórica, froito da tripla influencia musulmá, xudía e cristiá, fan de Granada un importante centro turístico e cultural de España.

A Universidade de Granada, fundada por Carlos I en 1531, é unha das máis prestixiosas do país, e dálle á cidade un ambiente estudantil e a súa popular vida nocturna. Ten case 60.000 estudantes (censo universitario das eleccións a reitor do ano 2003).

San Cecilio é o patrón da cidade de Granada. A súa onomástica é o 1 de febreiro. Foi bispo de Granada e mártir no século I.

Arte[editar | editar a fonte]

A mediados do século XIII, cando Fernando III o Santo conquistou Córdoba e Sevilla, os artistas musulmáns refuxiáronse en Granada e norte de África. Os seus descendentes e a súa tradición deron forma ao estilo granadino que na Alhambra é a culminación da arte árabe norteña que non se realizou até mediados do século con Iusuf I e Mohamed V en 1333 e 1354. Granada non ten arte califal que sexa anterior aos alhamares.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Alhambra[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alhambra.

Albaicín[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Albaicín.

Catedral[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Catedral de Granada.

Cartuxa[editar | editar a fonte]

Praza das Pasiegas[editar | editar a fonte]

Está situada ao oeste da catedral, fronte á súa fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, en Cantabria, que chegaron durante o século XVII e que se reunían nese lugar para ofrecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión, Filipe III concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona das Alpujarras e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan de galegos, cántabros, vascos, navarros e aragoneses, a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes de leoneses, casteláns e manchegos.

Alcaldes[editar | editar a fonte]

Por orde cronolóxica:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Granada&oldid=5145918"