Granxeiro último modelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Granxeiro último modelo
Eddie Albert Eva Gabor Green Acres 1965.JPG

Granxeiro último modelo (o título orixinal en inglés é Green Acres) é unha serie norteamericana de humor producida entre 1965 e 1971. Consta de 170 episodios, e foi emitida dobrada na TVG.

Trama[editar | editar a fonte]

Narra as vivencias dun matrimonio de cidade, un avogado e a súa dona (ela moi acostumada ás comodidades da urbe), o marido de sempre tivera a idea de ir vivir ao campo pero nunca dera o paso ata que un día decide mercar unha granxa que está á venda.

Deciden deixalo todo e trasladárense ao campo, no medio de animais e tractores; mais aínda que lles custa acostumarse á súa nova vida, pouco a pouco rematarán por afacerse.

Ficha da serie[editar | editar a fonte]

  • Actores: Eddie Albert, Eva Gabor, Pat Buttram, Eleanor Audley e Tommy Lester.
  • Director: Ralph Levy.
  • Guionistas: Gary Abrams e Dan Beaumont.
  • Xénero: Comedia "rural".
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Granxeiro_último_modelo&oldid=5136562"