Grupo Planeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sede do Grupo Planeta en Barcelona.

O Grupo Planeta é un grupo multimedia español con sede en Barcelona que opera nos sectores editorial, audiovisual e de comunicación de España, Francia, Portugal e América. Ten a súa orixe na Editorial Planeta, fundada en 1949 en Barcelona, e que segue sendo o buque insignia do grupo. O Grupo Planeta aglutina a máis de 100 empresas de sete áreas de negocio diferentes, das que destacan as 50 editoriais que converten a Planeta no primeiro grupo editorial en lingua española e o sexto do mundo. Ademais do área editorial, o grupo actúa nas áreas de coleccionables, formación, venda directa, ensino a distancia, audiovisual e medios de comunicación.

Nos últimos anos o grupo penetrou con forza no mundo da comunicación, destacando a súa participación dominante en Atresmedia Corporación (con medios como Antena 3 ou La Sexta e a cadea de radio Onda Cero) e en prensa co xornal de tirada nacional La Razón.

As empresas do grupo suman preto de 5.000 empregados directos. O grupo facturou, no ano 2011, 1772 millóns de euros. Ata o seu falecemento en xaneiro de 2015, o presidente do Grupo Planeta era José Manuel Lara Bosch, fillo do fundador de Editorial Planeta, José Manuel Lara Hernández.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Grupo_Planeta&oldid=4478862"