Guasacaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aguacate partido.

A guasacaca é unha das salsas máis coñecidas en Venezuela, acompañante de carnes, polos, pasteis, empanadas e arepas. Pódese preparar de diversas formas, pero xeralmente úsanse os mesmos ingredientes: aguacate, allo, cebola, coandro, perexil, pementón, aceite e vinagre, todo salpementado. Consérvase refrixerada.

Características[editar | editar a fonte]

Ingredientes:

  • 1 Aguacate
  • 1 Cebola mediana
  • 2 Dentes de allo
  • 1 Pementón verde pequeno
  • 1 Ramallo de coandro
  • 1 Ramallo de perexil
  • Aceite
    • Vinagre ou zume de limón
  • Sal e pementa ao gusto
  • Mel
  • Mostaza

Preparación[editar | editar a fonte]

Retire a pel do aguacate e a semente, pique en anacos, coloque nun procesador de alimentos ou nunha licuadora (xunto coa cebola, o pementón e o allo), coloque as follas de coandro e perexil, e acenda o procesador. Agregue aos poucos aceite e vinagre ata formar unha crema lixeira; salpemente ao gusto. Pode ser máis espesa ou lixeira segundo a súa preferencia. Envase e conserve refrixerado. Para aliviar o sabor do vinagre pódeselle agregar mel e un pouco de mostaza .

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guasacaca&oldid=5167890"