Gustavo Cabral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gustavo Cabral
Gustavo Cabral.JPG
Información persoal
Nome completo Gustavo Daniel Cabral
Nacemento 14 de outubro de 1985 (33 anos)
Lugar Isidro Casanova, Arxentina
Altura 1.83 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Pachuca
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2007 Racing Club 112 (3)
2008–2010 River Plate 55 (3)
2010–2011 Estudiantes Tecos 30 (1)
2011–2013 Arsenal Sarandí 0 (0)
2011–2012Levante UD (cedido) 16 (1)
2012–2013Celta (cedido) 9 (0)
2013–2019 Celta de Vigo 164 (5)
2019– Pachuca 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 19 de maio de 2019.
† Aparicións (Goles)

Gustavo Daniel Cabral, nado en Isidro Casanova, La Matanza, o 14 de outubro de 1985, é un futbolista arxentino. Xoga na demarcación de defensa central. Actualmente xoga no Club de Fútbol Pachuca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou co Racing Club o 12 de decembro de 2003, e ao cabo de pouco tempo afianzouse no primeiro equipo, chegando a xogar máis de 100 encontros.

En xaneiro de 2008 ficha por River Plate, onde se proclamou campión do Torneo Clausura ese mesmo ano e co que disputou encontros da Copa Libertadores e a Copa Sudamericana

En 2010 fixose cos seus servizos o Arsenal Sarandí a custo cero, porén non chegou a debutar co equipo xa que se sucederon varias cesións, primeiro ao Club Deportivo Estudiantes Tecos e despois á Primeira División Española ao Levante UD na tempada 2011/12 e ao Celta de Vigo en 2012 por dúas tempadas.[1]

Ca selección arxentina[editar | editar a fonte]

En 2005 formou parte da Selección de fútbol da Arxentina Sub-20 que gañou o Mundial de Fútbol Xuvenil e foi convocado ca Absoluta para un amigábel contra Chile aínda que non chegou a debutar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gustavo_Cabral&oldid=5175624"