Hay una cosa que te quiero decir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hay una cosa que te quiero decir
Formato Magazine
Talk show
Presentado por Jorge Javier Vázquez
Cadea Telecinco
Día da estrea 24 de abril de 2012
Nº de temporadas 2
Páxina web oficial

Hay una cosa que te quiero decir é un programa de televisión producido por Magnolia TV e emitido en Telecinco desde o 24 de abril de 2012 con bos rexistros de audiencia.[1] A nova versión do formato italiano C'è posta per te obtivo na súa estrea un 15,8% de share e foi líder en varias emisións durante a primeira tempada.[2] En canto á mecánica, en cada programa adoitan haber unha ou máis celebridades para sorprender aos invitados.

A adaptación está baseada no programa Hay una carta para ti, presentado por Isabel Gemio e emitido en Antena 3 entre 2002 e 2004. Agora oito anos despois, a súa competidora recupera o formato e preséntao Jorge Javier Vázquez.[3]

Mecánica[editar | editar a fonte]

Este programa baséase en que unha persoa (denominada como remitente) chama ao programa principalmente para poder reencontrarse con outra persoa (denominada como destinatario) que non mantén contacto desde fai moito tempo ou para comunicarlle algo especial. Entón unha persoa (denominada como emisario) é enviada para comunicar e entregar unha carta ao destinatario de que está invitado ao programa, pero non sabe quen é o verdadeiro remitente.

O destinatario pode aceptar ou rexeitar a invitación. Cando o remitente e o destinatario están no programa, separados por un sobre, o sobre desprégase e o destinatario decide se quere escoitar o que lle ten que dicir o remitente ou pechar o sobre. Se escolle que quere escoitarlle, escoitaríalle e reencontraríanse. No caso de que decidise que non quere escoitarlle, o sobre pecharíase e non se reencontrarían.

Programas e audiencias[editar | editar a fonte]

Programa Características do programa Data de emisión Espectadores Share
Primeira tempada
1 Presentación. Invitada: Laura Pausini 24 de abril de 2012 2 243 000 15,8%
2 Invitados: Bertín Osborne e Eduardo Gómez 1 de maio de 2012 2 266 000 15,9%
3 Invitados: Rosario Flores e Carlos Baute 8 de maio de 2012 2 063 000 14,8%
4 Invitadas: Malú e María del Monte 15 de maio de 2012 1 975 000 14,6%
5 Invitado: Melendi 22 de maio de 2012 2 282 000 16,4%
6 Invitada: Lolita Flores 29 de maio de 2012 2 127 000 15,4%
7 Invitadas: Amaia Montero, Norma Duval e Vicky Martín-Berrocal 5 de xuño de 2012 2 334 000 17,1%
8 Invitados: Sophia Loren e Andy y Lucas 12 de xuño de 2012 2 124 000 16,5%
9 Invitados: Chenoa e Al Bano 19 de xuño de 2012 2 081 000 16,0%
10 Invitada: Sharon Stone 26 de xuño de 2012 2 105 000 15,5%
11 Invitadas: Rosa López e María Jiménez 3 de xullo de 2012 2 176 000 17,1%
12 Invitados: Rossy de Palma e Manuel Díaz 'El Cordobés' 10 de xullo de 2012 2 186 000 18,0%
13 Invitadas: Pastora Soler e Lucía Bosé 17 de xullo de 2012 1 933 000 16,3%
14 Invitados: Antonio Canales Rivera e Ecos del Rocío 24 de xullo de 2012 1 899 000 16,1%
- HUCQTQD: Las mejores historias (Resumo de tempada) 31 de xullo de 2012 1 330 000 13,3%
Segunda tempada
15 Invitados: Manuel Carrasco Galloso, Mayra Gómez Kemp e Jaime Ostos 4 de setembro de 2012 2 120 000 17,1%
16 Invitados: Paloma San Basilio, Soraya Arnelas, Vicky Larraz e El Sueño de Morfeo 11 de setembro de 2012 1 898 000 15,1%
17 Invitados: Carlinhos Brown e Fonsi Nieto 18 de setembro de 2012 2 198 000 16,8%
18 Invitados: Sergio Dalma, Fernando Romay e Tico Medina 25 de setembro de 2012 2 103 000 15,7%
19 Invitados: El Arrebato e Tiziano Ferro 2 de outubro de 2012 2 554 000 19,6%
20 Invitados: David Bustamante e Samantha Fox 9 de outubro de 2012 2 783 000 21,2%
21 Invitados: Clive Owen e Falete 16 de outubro de 2012 2 509 000 19,3%
22 Invitado: Álex Ubago 23 de outubro de 2012 2 882 000 21,2%
- HUCQTQD: Las mejores historias (Resumo de tempada) 30 de outubro de 2012 1 974 000 14,8%
23 Invitados: Merche e Los del Río 6 de novembro de 2012 2 687 000 19,9%
24 Invitada: India Martínez 13 de novembro de 2012 3 230 000 22,0%
25 Invitados: María José Cantudo, Rosa Benito e Melocos 20 de novembro de 2012 2 772 000 21,3%
26 Invitados: David de María e Alberto Santana 27 de novembro de 2012 2 474 000 20,1%
27 Invitados: Los Morancos e Nacha Guevara 4 de decembro de 2012 2 864 000 21,3%
28 Invitados: David Cantero e Pitingo 11 de decembro de 2012 2 649 000 19,6%
29 Invitados: Betty Missiego e David Meca 18 de decembro de 2012 2 661 000 19,6%
30 Invitados: Mario Vaquerizo e Auryn
31 Invitados: Pablo Alborán, Melendi e José Mota

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jorge Javier estrea Hay una cosa que te quiero decir, con emocións". Qué!. 25 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  2. Kantar Media (25 de abril de 2012). "O Barça di adeus á final da Champions ante máis de 11 millóns de espectadores (55,8%)". FormulaTV. Consultado o 4 de xullo de 2012. 
  3. "Jorge Javier Vázquez: "Presentar 'Hay una cosa que te quiero decir' é a culminación dun soño"". 23 de abril de 2012. Consultado o 4 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hay_una_cosa_que_te_quiero_decir&oldid=5011680"