Heinrich Böll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Heinrich Böll
Nobel prize medal.svg
Bundesarchiv B 145 Bild-F062164-0004, Bonn, Heinrich Böll.jpg
Nome completoHeinrich Theodor Böll
Nacemento21 de decembro de 1917
 Colonia, Alemaña
Falecemento16 de xullo de 1985
 Langenbroich
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeAlemaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Colônia
Ocupaciónletrista, guionista, tradutor, poeta, novelista, escritor e autor
CónxuxeAnnemarie Böll
FillosRené Böll e Raimund Böll
Coñecido/a porBilliards at Half-past Nine, The Lost Honour of Katharina Blum, Opinións dun pallaso, sen etiquetar, The Train Was on Time, Stranger, Bear Word to the Spartans We…, O Anjo Silencioso, And where were you, Adam?, Black Sheep, Christmas Not Just Once a Year, The Balek Scales, And Never Said a Word, House without Guardians, The Bread of Those Early Years, Irish Journal, Valley of Thundering Hooves, Those Without Traces, Zimpren Station, Doctor Murkes total silence, When War Broke Out, When the War was Over, Distance to the Troop, End of a Mission, Domestic Disturbance, Gruppenbild mit Dame, Reports on the Nation's Disposition, The Safety Net, What's to Become of the Boy?, A Soldier's Legacy, Women in a river landscape. A novel in dialogues and soliloquies e Cross Without Love
PremiosPremio Nobel de Literatura, Prêmio Georg Büchner, Medal of Gratitude, Carl-von-Ossietzky-Medaille e honorary citizen of Cologne
Heinrich Böll (signature).jpg
editar datos en Wikidata ]

Heinrich Theodor Böll, nado en Colonia o 21 de decembro de 1917 e finado en Langenbroich o 16 de xullo de 1985, foi un escritor alemán, Premio Nobel de Literatura en 1972.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Böll naceu no seo dunha familia católica liberal e pacifista. Foi educado nun colexio católico e conseguiu eludir a entrada nas Mocidades Hitlerianas na década de 1930. Traballou como axudante de libreiro e en 1939 matriculouse en filoloxía alemá na Universidade de Colonia. O comezo da Segunda Guerra Mundial impediu a realización os seus estudos ao ter que servir coa Wehrmacht. Participou en accións militares en Francia, Romanía, Hungría e a Unión Soviética. Foi ferido catro veces antes de ser capturado polos americanos en abril de 1945 e enviado a un campo de internamento.

Publicou a súa primeira novela, Der Zug war pünktlich, en 1949. Böll forma parte do Grupo 47, no que tamén están Günter Grass ou Ingeborg Bachmann. As súas primeiras novelas tratan da consecuencia da guerra e dos seus efectos materiais e psicolóxicos para o alemán corrente.

Unha das súas obras máis coñecidas é Ansichten eines Clowns. Foi traducido do alemán ó galego por Laureano Xoaquín Araujo Cardalda co título Opinións dun pallaso, e publicado en 1994 por Editorial Tambre. Foi publicado de novo en galego en 2018 por Rinoceronte editora.[1][2]

Foi traducido a máis de 30 linguas e é un dos autores alemáns máis lidos internacionalmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da obra na páxina web da editorial.
  2. Araujo, Laureano (3 de maio de 2018). "Heinrich Böll e os ollos que non cambiaron". Consultado o 28 de xuño de 2018. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Heinrich_Böll&oldid=5108031"