Henri Meschonnic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henri Meschonnic
Henri Meschonnic.jpg
Nacemento18 de setembro de 1932
 París
Falecemento8 de abril de 2009
 Villejuif (Val do Marne)
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónlingüista, poeta, tradutor, escritor e catedrático de universidade
PremiosPremio Max Jacob e Prix de littérature francophone Jean Arp
editar datos en Wikidata ]

Henri Meschonnic, nado en París o 18 de setembro de 1932 e finado en Villejuif (Val do Marne) o 8 de abril de 2009, foi un poeta, tradutor, lingüista, teórico da poesía e da tradución francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de lingüística e literatura en Paris VIII, foi un dos fundadores do Centro Experimental de Vincennes e promoveu unha liña de traballo desenvolvida como "Disciplinas do Sentido" na École doctorale fundada por el en 1990.

Fíxose popular como tradutor do Antigo Testamento bíblico, traducíndoo directamente dos textos orixinais coa intención de demostrar unha fidelidade particular á súa función poética. Está considerado como un dos tradutores máis innovadores da contemporaneidade. A súa obra é motivo de culto nos círculos literarios de todo o mundo.

Algúns dos seus libros mais coñecidos son Critique du Rythme (1982), Poétique du Traduire (1999) e La rime et la vie (1986).

Poesía[editar | editar a fonte]

Meschonnic escribiu moitos libros de poemas. Os primeiros poemas publicados foron "Poèmes d'Algérie", que apareceron no Journal Europe, en xaneiro de 1962, pero alcanzou fama en 1972 co Premio Max Jacob, polo libro Dédicaces proverbes. Na introdución, o autor demostra a súa preocupación ética, procura demostrar que os seus poemas non participan de distincións como o dicir e o actuar, o discurso e a linguaxe, sen ter nada que ver coa oposición entre individuo e sociedade.

Gañou outros premios de poesía posteriormente. Os seus poemas caracterízanse formalmente pola completa ausencia de puntuación e de maiúsculas, buscando un ritmo que sexa propio de cada poema sen as "amarras" da puntuación. Segundo os seus textos teóricos, a puntuación, tal como a coñecemos hoxe, prioriza unha lóxica que non é a mesma do ritmo, afastando o texto da oralidade, á cal todo poema (e toda escrita que pretenda ser expresiva) debería aproximarse.

A tradución da Biblia[editar | editar a fonte]

As súas traducións de textos bíblicos están vencelladas á súa maneira de escribir poesía. Proponse traducir o texto aténdose "aos acentos de ritmo e á pausas cuxa xerarquía complexa constitúe a modulación do versículo bíblico, o seu ritmo e, ás veces, inclusive, o seu sentido... A dicción, sinalada en hebreo por un sistema de acentos, é o que eu pretendín recrear mediante espazos en branco (nunha xerarquía arbitraria), recrear os silencios do texto, ritmo de página."[1]

De forma simplificada, o tradutor explorou a función poética da linguaxe, procurou recrear os efectos poéticos constantes do texto orixinal, sen ter apenas motivación relixiosa, teolóxica ou confesional. Difiren, así, as súas traducións das usuais, que fan aparecer o texto como contendo fragmentos en prosa e en verso alternados.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Internacional de Poesía Max Jacob (1972).
  • Premio Mallarmé (1986).
  • Premio de Literatura Nathan Katz polo Conxunto da Obra (2006)
  • Gran Premio Internacional de Poesía Guillevic-ville de Saint-Malo (2007).[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Venturotti, Fabiano. A Transcriação bíblica em Haroldo de Campos. Uniritter.
  2. "Brèves". Magazine Spirale (en francés). Consultado o 2018-06-29. 
  3. "Henri Meschonnic - Editions Verdier". Editions Verdier (en francés). Consultado o 2018-06-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Henri_Meschonnic&oldid=4772502"