Hermerico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hermerico
Rei do Reino suevo de Galicia
Sueben coin II.jpg
Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.

Reinado409438
Falecemento441
SucesorRequila
DescendenciaRequila

Hermerico, finado no ano 441, foi o primeiro rei do reino suevo de Galicia, gobernando dende o 409 até o seu retiro no ano 438.[1] A súa relixión era o paganismo xermánico e foi inimigo do Imperio Romano ó longo da súa vida. De acordo cos manuscritos Historia Suevorum do historiador Isidoro de Sevilla, o seu reinado durou trinta e dous anos, mais outro manuscrito cifra a duración do seu reinado en catorce anos.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hispania entre 409 e 426.

Hermerico dirixiu o paso do Rin dos suevos, xunto cos vándalos e os alanos, en decembro do ano 406. Cruzou a Galia e atravesou os Pireneos até Hispania.[2] Mentres que Theodore Mommsen cría que os suevos asinaron un foedus con Roma, e Ernst Stein secundou a noción crendo ter feito un acordo co usurpador romano Magno Máximo segundo o cal recibiron a metade occidental da península, non hai evidencia primaria para ningunha alianza entre os suevos e Roma.[3] En 411 (segundo Ludwig Schmidt) ou 417 (segundo Felix Dahn), Hermerico fixo un tratado co emperador romano Honorio, mais en realidade o único evento datado no ano 411 foi a división de Iberia por sorteo entre os pobos bárbaros.[3] O leste da provincia da Gallaecia coa súa capital en Braga (Bracara Augusta) recaeu sobre os suevos, mentres que o oeste da provincia foi para os numerosos vándalos asdingos.[3]

Entre o ano 416 e 418, os visigodos liderados por Walia declararon a guerra a Hermerico en nome de Roma.[3] En 419, despois dunha disputa entre Hermerico e o rei vándalo Gunderico, os vándalos atacaron ós suevos e atraparon a Hermerico na batalla dos montes Nervasos. O xeneral romano Asterio intervén e os vándalos retroceden, marchanado cara á Bética.[4] Despois de que os vándalos deixasen a península cara a África no ano 429, Hermerico permaneceu pacífico, pero no ano 430 comezou a atacar Gallaecia.[4]

En 431, un galaico chamado Hidacio pídelle axuda a Flavio Aecio para loitar contra os suevos, mais Aecio demorou até o ano 432 o envío do conde (comes) Censorio. Segundo a Crónica de Hidacio dos eventos contemporáneos, os plebeos galaicos fixéronse fortes nos lugares mellor fortificados e derrotaron a Hermeric e os seus homes, causándolles moitas baixas e tomando moitos prisioneiros, o cal obrigou ós suevos a liberar as familias dos galaicos que estaban cautivas (430).[5]

En 435, "por intervención episcopal", posiblemente de Hidacio, Hermerico fai a paz cos galaicos.[6] Ese mesmo ano, Hermerico negociou a través do bispo católico Simposio directamente co emperador romano de occidente.[6] En 437, Censorio realizou unha segunda expedición acompañado por Fretimundo.

En 438 asociou ó seu fillo Requila ó trono.

Abdicación[editar | editar a fonte]

Despois de sete anos de enfermidade, as circunstancias físicas forzan a Hermerico a abdicar a coroa no ano 438, pasando o goberno de todo o reino de Galicia —así como os territorios meridionais conquistados— ó seu fillo e herdeiro Requila,[4] confirmando deste xeito a sucesión patrilineal nos hábitos de transferencia de poder entre os monarcas suevos[4] como sucedía cos francos, e diferindo xa temperamente da sucesión electiva, propia doutros pobos xermánicos como os visigodos. Hermerico marcará unha liñaxe real, da que non coñecemos a orixe mais si a fin, que se produce no ano 456, coa morte do seu neto Requiario.[7]

En 429, aparece citado na Crónica de Hidacio un líder militar suevo chamado Heremigario dirixindo unha expedición sueva cara a Lusitania. Puido ter sido un monarca conxunto con Hermerico, mais non hai unha fonte primaria que o confirme.[7]

Hermerico
Nacemento: ? Falecemento: 441


Títulos Reais
Precedido por
Novo título


Rei de Galicia
409–438
Sucedido  por
Requila
Outros títulos
Precedido por
Nova titulación
en Galicia


Rei dos Suevos
409–438
Sucedido  por
Requila

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thompson, 217. Foi mencionado por Hidacio no ano 419, sendo Isidoro quen o describe como rei dende o ano 406.
  2. 2,02,1 Thompson, 129 and 306n32.
  3. 3,03,13,23,3 Thompson, 153–154.
  4. 4,04,14,24,3 Thompson, 165.
  5. Thompson, 178.
  6. 6,06,1 Thompson, 179 e 301n94.
  7. 7,07,1 Thompson, 166.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hermerico&oldid=5267325"