Horacio Altuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Horacio Altuna
Horacio Altuna (2006).jpg
Nacemento24 de novembro de 1941 (77 anos)
 Córdoba Flag of Argentina.svgArxentina
NacionalidadeArxentina e España
Ocupaciónartista de banda deseñada e pintor
Xénerosbanda deseñada
Coñecido/a porsen etiquetar e sen etiquetar
Premios"Yellow Kid"
Gran Premio do Salón Internacional de Banda Deseñada de Barcelona (2004)
Signatura d'Horacio Altuna.jpg
editar datos en Wikidata ]

Horacio Altuna, nado en Córdoba o 24 de novembro de 1941, é un autor de banda deseñada arxentino. Famoso polas súas espectaculares personaxes femininas, pero tamén pola gran profundidade da súa obra, Altuna é un dos máis importantes autores de historietas do mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De moi pequeno comezou a apaixonarse polo debuxo, foi alumno de Gianni Dalfiume, quen o alentou a incursionarse seriamente na banda deseñada. En 1965 publicou a súa primeira banda deseñada, Súper Volador.

En 1967 ingresa na Editorial Columba, na que ilustra guións de artistas como Héctor G. Oesterheld e Robin Wood.

En 1975 comeza a publicar El loco Chávez, con guións de Carlos Trillo, no xornal Clarín. Esta historieta que se publica diariamente farao famoso. Chávez, o protagonista, é un xornalista que a través das súas aventuras narra o día a día da realidade arxentina. Comezan a aparecer as mulleres de Altuna, que tamén se farán famosas. Por este traballo recibiu o premio Asociación de Debuxantes da Arxentina (1978) e o premio á mellor tira diaria arxentina na Cuarta Bienal do Humor e a Historieta de Córdoba (1979).

Colabora tamén coas editoriais Record e a revista Humor.

Entre 1973 e 1976 realiza traballos para revistas de Escocia e Inglaterra. Foi secretario de cultura da ADA (Asociación de Debuxantes da Arxentina) desde 1974 ata 1977.

En 1982 radícase en España, onde un ano despois publicará Ficcionario, primeira historieta que o conta como guionista e ilustrador, e que lle vale o seu primeiro premio como guionista.

En 1986 realiza Chances, novamente como autor integral. Por esta historieta recibe o premio "Yellow Kid" maior distinción no ambiente da historieta, ao mellor autor internacional. Nesta obra futurista de forte contido social, o protagonista é un mozo clon creado co obxectivo de sustuir os órganos dos seus xeradores, que se rebela e foxe cara ás zonas marxinais.

Realiza unha serie de historietas eróticas para a revista Playboy que na Arxentina publica a revista SexHumor. En Playboy publica, ademais, a novela ilustrada Gato.

En 1994 regresa ás páxinas de Clarín onde publica El Nene Montanaro. A 2007 publica unha tira no Periódico de Catalunya, Familia Tipo, e é o Presidente da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • A tira diaria "El loco Chávez" (1975), co guionista Carlos Trillo.
  • "Las puertitas del Sr. López", co guionista Carlos Trillo.
  • "Charlie Moon", co guionista Carlos Trillo.
  • "Merdichesky", co guionista Carlos Trillo.
  • "El último recreo", co guionista Carlos Trillo.
  • "Tragaperras", co guionista Carlos Trillo.
  • "Ficcionario" (1983)
  • "Chances" (1985)
  • "Imaginario" (1987-88)
  • "Time/Out" (1986).
  • Multitude de historietas curtas para Playboy (1989-)
  • "Hot L.A." (1992, 2000)
  • "El Nene Montanaro" (con guión propio, publicado diariamente na contratapa do diario arxentino Clarín entre os anos 1994 e 2002)
  • "Es lo que hay" (2010-)
  • "Cuadernos Secretos" (2011),

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Horacio_Altuna&oldid=5202055"