Esta páxina está semiprotexida

IES Eusebio da Guarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°22′06″N 8°24′26″O / 43.36838, -8.40735

IES Eusebio da Guarda
IES Eusebio da Guarda A Coruña.jpg
Instituto de Ensino Eusebio da Guarda, A Coruña.
Enderezo
Praza de Pontevedra, A Coruña
Datas
Creación1886
Inauguración1889
Apertura1890
Reformas1941
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
DirectorMª Isabel Ruso de Lago
Na rede
Web

O IES Eusebio da Guarda é un instituto de ensino secundario da cidade da Coruña.[1] A súa construción iniciouse en 1886 e rematouse en 1889 promovida polo filántropo Eusebio da Guarda González. Tanto na súa orixe como na actualidade o instituto era mixto.

Historia

En 1845 creáronse os institutos de Santiago, Ourense e Pontevedra. Destes, o que estaba máis preto da cidade era o de Santiago. O plano de ensino proxectaba un instituto en cada capital de provincia. En 1848 creouse outro instituto en Monforte. A construción do instituto apróbase finalmente en 1862. Entón a cidade era a máis poboada de Galiza con 27.000 habitantes. En Santiago estudaban 300 alumnos no instituto e a previsión para o da Coruña era duns 50.[2]

A primeira sede do instituto da Coruña foi o pazo dos marqueses de Camarasa na rúa Ferrerías. Na cidade había estudos de Náutica, Comercio, Belas Artes e Bacharelato. En 1881 Eusebio da Guarda ofrece un millón de pesetas ao concello para a construción dun novo instituto no lugar ocupado polo antigo baluarte de Caramanchón, contiguo ao barrio da Peixería. O Estado debera ceder os terreos. O edificio foi deseñado polo arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay.

Centro de ensino

No curso 1889-1890, previo ao comezo da actividade académica no novo edificio, obtiveron o título de bacharelato un total de 26 alumnos, todos rapaces. Daquela o ensino a rapazas non estaba segregado do dos rapaces, mais era unha rareza: a primeira alumna que cursou estudos de bacharelato no antigo instituto da Coruña foi no ano 1875.

En 1941 construíuse na cidade o Instituto Masculino, pasando o Eusebio da Guarda a ser exclusivamente feminino, ate que no ano 1986 volveu a ser mixto.[3]

Notas

  1. Cláudia Morán (15 de xuño de 2016). "Eusebio da Guarda, una cantera con 125 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Miguel Rodríguez (14 de novembro de 2012). "El embrión de la enseñanza Secundaria". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  3. Ana Lorenzo (8 de febreiro de 2015). "El Eusebio da Guarda busca las huellas de su pasado". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén

Bibliografía


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=IES_Eusebio_da_Guarda&oldid=5299350"