Icelandair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Icelandair
Icelandair Boeing 757-200 (TK-FIT) departs London Heathrow Airport 2ndJuly2014 arp.jpg
IATA
FI
OACI
ICE
Indicativo
ICEAIR
Fundación1937
Aeroporto principalAeroporto Internacional de Keflavík
Plan de voo frecuenteSaga Club
Frota26
Destinos39
HoldingIcelandair Group
Páxina web: http://www.icelandair.com/

Icelandair é a principal aeroliña de Islandia. Ten a súa sede no Aeroporto de Reikiavik e forma parte do Icelandair Group. Opera voos a 39 destinos de ámbolos dous lados do Atlántico dende o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional de Keflavík. A posición xeográfic de Islandia permítelle voos transatlanticos sen escalas, que son un dos piares da estratexia de negocio da aeroliña, xunto con tráfico cara e dende o país.

Historia[editar | editar a fonte]

Flugfélag Íslands[editar | editar a fonte]

Primeiro DC-4 de Flugfélag Íslands

A historia de Icelandair remóntase ao ano 1937, cando fundouse Flugfélag Akureyrar en Akureyri, na costa norte de Islandia. A aeroliña comezou as súas operacións en 1938 cun único hidroavión Waco YKS-7. En 1939 o avión resultou destruído tras envorcar nun accidente e a aeroliña tivo que parar os seus voos. Un ano despois a compañía trasladouse a Reykjavík, onde mercou outro avión Waco e volvería a operar co nome Flugfélag Íslands.[1] Anteriormente existiran no país dúas aeroliñas co mesmo nome non relacionadas, de 1919 a 1920 e de 1928 a 1931.[2] Para propósitos internacionais adoptaríase o nome Iceland Airways.

A frota espandíuse cun Beechcraft Model 18 en 1942, e con dous de Havilland Dragon Rapide[3] e un Consolidated PBY Catalina en 1944, sendo este último o primeiro avión rexistrado en Islandia en voar dende a illa cara Norteamérica cunha tripulación islandesa.[4] O 11 de xullo de 1945 este avión operou o primeiro voo comercial sobre o océano Atlántico para a aeroliña, flight over the Atlantic Ocean for the airline, indo dende Reykjavík ata Largs (Escocia) con catro pasaxeiros e catro tripulantes. Os voos regulares ao aeroporto de Prestwick, en Escocia, e Copenhaguen, usando avións B-24 Liberator alugados a Scottish Airlines comezaron en 1946.

Nese mesmo ano mellorouse a comodidade e o rendemento nos voos domésticos coa introdución do Douglas DC-3 Dakota. A aeroliña mercou seis aparellos deste modelo, que permanecerían en servizo coa compañái ata o ano 1972. Ata foinais dos anos 60, Flugfélag centrouse principalmente nos voos domésticos, onde inicialmente atopou unha dura competencia de Loftleiðir, outra aeroliña que se fundara en 1944. Cando ámbalas dúas rexeitaron unha proposta de fusión por parte do goberno islandés, os voos domésticos dividíronse entre elas como medida para facilitar a competencia. Cando Loftleiðir se retirou do mercado interno en 1952 para concentrarse nos voos internacionais, Flugfélag converteríase na principal aeroliña doméstica do país.

Os servizos internacionais tamén eran parte do modelo de negocio de Flugfélag, aínda que en menor medida en comparación con Loftleiðir. En 1948 introduciron o Douglas C-54 Skymaster para esas rutas, e en 1957 mercaron dous Vickers 759 Viscount, os primeiros turbohélices en ser operados por unha aeroliña islandesa. Nos 60 Flugfélag comezou a usar a marca Icelandair para os seus voos internacionais.

En 1967 Flugfélag foi a primeira aeroliña de Islandia en unirse á era dos reactores, cando puxeron en servizo un Boeing 727 bautizado "Gullfaxi".[5] Outro 727 foi mercado en 1971, e o modelo operou ata 1990.[6]

Loftleiðir[editar | editar a fonte]

Tres pilotos novos que regresaran do seu adestramento de voo en Canadá formaron outra aeroliña chamada Loftleiðir en 1944. A súa compañía concentrouse nos voos domésticos durantes os seus primeiros anos. Os prmeiros avións que usou foron dous Stinson Reliant, e posterormente un avión anfibio Grumman Goose.

Ao principio, Loftleiðir, ao igual que Flugfélag Íslands, concentrouse nos servizos domésticos. Loftleiðir comezou a programar operacións internacionais en 1947.[7]

Cara 1952 ás autoridades islandesas preocupáballes que a feroz competencia entre as dúas aeroliñas acabase por arruinalas, e intentou forzar unha fusión.[8] As aeroliñas non se fusionaron, pero as autoridades dividiron as rutas domésticas entre as dúas compañías. Como resultado, Loftleiðir deixaría de realizar voos internos, concentrándose nos servizos internacionais. Os servizos de baixo custo pioneiros de Loftleiðir no Atlántico norte comezaron en 1953. De certo xeito, Loftleiðir pode ser considerada como unha precursora das aeroliñas de baixo custo que comezaron a operr nos anos 70. Este feito fixo que fose unha aeroliña moi popular para viaxar entre Europa e Norteamérica.

No ano 1969 Loftleiðir mercou Air Bahama, unha pequena aeroliña que operaba nas Bahamas, e un ano despois converteríase nunha das fundadoras de Cargolux, unha aeroliña de carga. Tamén en 1970, Loftleiðir enterou na era dos reactores cos seus dous primeiros Douglas DC-8.[9]

Durante eses anos Loftleiðir adoitaba a ser coñecida, incluso polos seus propios traballadores, como "a aeroliña hippie" ou incluso "Hippie Express". Loftleiðir non era famosa pola súa velocidade ou puntualidade, pero voar coa compañía converteuse nunha especie de rito de iniciación para os mozos hippies estadounidenses que voaba a Europa, entre os cales estaba Bill Clinton.[10]

Fusión con Loftleiðir[editar | editar a fonte]

Durante a crise enerxética dos 70, a situación económica de ámbalas dúas aeroliñas empeorou. O goberno de Islandia iniciou un novo intento para fusionar as dúas compañías e este acabaría lográndose en 1973 tras unhas longas e difíciles negociacións.[11] O persoal de Loftleiðir queixouse de que Flugfélag, sendo máis pequena, tomara o control da compañía resultante. Creouse unha compañía nai chamada Flugleiðir, combinando ás dúas e que comezou a racionalizar o persoal e as operacións. No tempo da fusión, dous terzos do tráfico de pasaxeiros da aeroliña eran cruces transatlánticos, e a frota de Flugfélag de DC-3 e 727 foi ampliada cos DC-8 de Loftleiðir. En 1979 Flugfélag mercou todos os activos de Loftleiðir en Flugleiðir, e a aeroliña pasou a coñecerse como Icelandair.

Icelandair dende a fusión[editar | editar a fonte]

Boeing 727 de Icelandair en 1983

A frota de Icelandair case non tivo cambios ata que o Boeing 757-200 converteuse na espiña dorsal para os voos transatlánticos durante os anos 90. Os Fokker F-27 para voos domésticos serían substituídos por Fokker F-50 e Boeing 737 despregados nas rutas europeas. O número de pasaxeiros de Icelandair superou o millón en 1995 a medida que a compañía gañaba unha reputación de "aeroliña para mochileiros", semellante á de Loftleiðir nos anos 60. Nese mesmo ano comezou a desmantelarse o centro de conexións no Aeroporto de Luxemburgo, herdanza de Loftleiðir, en favor da actual rede descentraliada europea, unindo as maiores cidades con Reiquiavik.[12]

En 1997 as operacións domésticas de Icelandair, parte das cales foran anteriormente operadas baixo a marca Flugfélag Nordurlands, combináronse co pequena aeroliña Nordurflug para formar a subsidiaria Air Iceland,[13] permitindo a Icelandair concentrarse completamente nos voos internacionais dende entón. En 1999 a aeroliña estreou nova librea, como parte dunha campaña de imaxe deseñada para facer desaparecer a etiqueta de "mochileiro" en favor dos viaxes de negocios. Dende 2001 o centro de conexións de Icelandair trasladouse cara o Aeroporto Internacional de Keflavík. Ao centrarse particularmente nos voos cara Norteamérica, a aeroliña víuse significativamente afectada polo peche do espazo aéreo tras os atentados do 11 de setembro de 2001.

O holding Flugleiðir foi reorganizado como Icelandair Group (para negocios relacionados coa aviación) e FL Group (para investimentos e negocios non relacionados coa aviación) entre 2002 e 2005, converténdose Icelandair na máis grande e máis importante das once subsidiarias. O epartamento de wet-lease e charter, fundado en 2003, foi bautizado como Loftleiðir Icelandic, reintroducindo así un nome familiar.

Desenvolvemento dende 2010[editar | editar a fonte]

Boeing 757 Hekla Aurora pintado cunha librea especial representando a auropa boreal

Como a meirande parte das compañías islandesas, Icelandair foi golpeada duramente pola crise financeira de 2008 no país, pero estaba recuperándose cando outra crise de tipo moi diferente chegou en 2010. As restricións de tráfico aéreo que seguiron á erupción do volcán Eyjafjallajökull fixeron que se pechase gran parte do espazo aéreo europeo. A interrupción de voos coincidíu o inicio da importante campaña de verán para a compañía. O organización interna encargada da xestión da crise comezou a avaliar a situación unha vez que a escala do problema deuse a coñecer. Icelandair procurou operar o maior número de voos de pasaxeiros posible, mantendo o seu centro de conexións en Keflavík aberto e desviando os voos europeos a aeroportos que aínda estaban operativos, como o Aeroporto Internacional de Glasgow e o Aeroporto de Trondheim. O peche final de Keflavík debido á cinza volcánica coincidíu cunha mellora da situación en Europa, o que lle permitiu a Icelandair trasladar a súa sede con 200 traballadores a Glasgow e operar voos dende alí durante dez días,[14] con voos lanzadeira cara o aeroporto islandés de Akureyri e autobuses cara Reiquiavik.

Como consecuencia da erupción, o goberno islandés lanzou a exitosa campaña "Inspire by Iceland" para recuperar a confianza de turistas e xente de negocios en viaxar a Islandia, na cal Icelandair tivo un importante papel como iniciadora e participante.[15][16]

Cando o volcán Grímsvötn entrou en erupción en 2011, Icelandair tivo que enfrontarse novamente aos peches no espazo aéreo europeo, aínda que desta vez en menor medida debido a un maior nivel de preparación política.[17][18]

Despois de ter lanzado voos cara Washington D.C. en 2011,[19] a compañía anunciou Denver como novo destino estadounidense para 2012, ao que lle seguiría Anchorage en 2013, chegando así a oito cidades no país, xunto con Boston, Minneapolis, Nova York, Orlando e Seattle.[20] Tamén en 2012, Icelandair reanudou os servizos domésticos, con voos regulares unindo Akureyri con Keflavík a través da súa subsidiaria Air Iceland.[21]

As súas operacións duplicáronse nun período de cinco anos. Os novos destinos da aeroliña en 2014 foron Edmonton, Vancouver e Xenebra. O 5 de febreiro Birmingham converteuse na quinta porta de entrada de Icelandair ao Reino Unido, e no seu destino número 39. O 19 de maio de 2015 Icelandair comezou a voar regularmnte cara Portland, Oregon, sendo o seu 14º destino en Norteamérica.

Frota[editar | editar a fonte]

En setembro de 2014 Icelandair usaba unha frota composta unicamente por avións Boeing cunha idade media de 20,1 anos:[22]

Frota de Icelandair
Aircraft En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 757-200 25 0 22 161 183 22 con Winglets, 2 cargueiros.
Boeing 757-300 1 0 22 200 222
Boeing 767-300 1 0 Almacenado
Total 27 0

Frota histórica[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos a aeroliña operou os seguintes modelos de avións:

Icelandair historic fleet
Avión Introducido Retirado
Boeing 727 1967 1990
Boeing 737-300 1997 2004
Boeing 737-400 1989 2001
Boeing 757-200 1990
Boeing 757-300 2002
Boeing 767-300ER 2003
2016
2011
Douglas DC-3 1937 1970
Douglas C-47 1937 1970
Douglas DC-4 1937 1958
Douglas DC-6 1956 1972
Douglas DC-8 1969 1990
Douglas DC-10 1970 1980
Fokker F27 Friendship 1968 1992
Fokker 50 1992 1997
Vickers Viscount 1958 1970
Canadair CL-44 1964 1970

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia de Icelandair". Funding Universe. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  2. "Historia a aviación comercial en Islandia". Flugsafn Íslands. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 11 de setembro de 2015. 
  3. "Avións lendarios da historia islandesa". Mbl.is. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  4. "Catalina-flugbáturinn TF-ISP fór fyrsta millilandaflugið". Mbl.is. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  5. "Primeiro reactor de Islandia". Mbl.is. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  6. "Kveðjuflug Heimfara". Mbl.is. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  7. "Hálf öld frá fyrsta flugi Loftleiða til Ameríku". Mbi.is. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  8. "Flugleiðum innanlands skipt—Loftleiðir hætta innanlandsflugi". Timarit.is. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  9. "Flugstjórar Skymaster-vélarinnar Heklu". Mbl.is. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  10. "Icelandair hafði áhrif á samband Hillary og Bill Clintons - Hitti Össur fyrir stundu í USA". Pressan. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  11. "Algjör sameining flugfélaganna — eða náin samvinna og aukin hagkvæmni í rekstr". Timarit. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  12. "1.578 milljóna króna tap á fyrri árshelmingi". Mbl.is. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  13. "Innanlandsflug Flugleiða verður sameinað Flugfélagi Norðurlands undir nafninu". Mbl.is. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  14. "Icelandair e a erupción volcánica do Eyjafjallajökull en 2010". Icelandair. Consultado o 15 de setembro de 2015. 
  15. "Iceland continues to inspire with successful tourism campaign". IceNews. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  16. "Inspired by Iceland campaign continues to boost tourism in Iceland". eNewsWire. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  17. "UK 'better prepared' for volcanic ash than last year". BBC. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  18. "Flights cancelled as ash cloud heads towards UK". BBC. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  19. "Icelandair Announces Flights from Washington, D.C.". Icelandair. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  20. "Icelandair Takes Off from Denver". Icelandair. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  21. "Flug Icelandair frá Akureyri hefst í dag". Icelandair. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  22. "Frota de Icelandair". Planespotters. Consultado o 5 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Icelandair&oldid=5008687"