Icona (comunicación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Icona indicando unha das saídas da estación de Poble Sec, no metro de Barcelona.

En comunicación e semiótica, denomínase icona a calquera signo visual ou imaxe que representa unha entidade física ou simplemente representativa, unha idea, ou un proxecto co que mantén unha relación de semellanza.[1]

As iconas son signos substitutivos, é dicir, poden usarse no lugar da cousa representada, e de contido derivativo: a foto dunha paisaxe, por exemplo, representa a propia paisaxe, o mapa dunha rexión representa a propia rexión etc.

A icona posúe unha relación de semellanza co obxecto que representa. E pode ter tres niveis:

  • imaxe (aparencia visual) - por exemplo, unha caricatura
  • diagrama (relacións internas e estruturais) - por exemplo, un mapa
  • metáfora (posúe un significado semellante nalgún aspecto) - por exemplo, o león, unha fera indomábel, asociado ao imposto sobre a renda.
Defino unha icona como un signo que está determinado polo seu obxecto dinámico en virtude da súa natureza interna.
Charles Sanders Peirce, fundador do pragmatismo e pai da semiótica moderna.

Cómpre non confundir as iconas cos glifos, que son, en xeral, signos específicos dun alfabeto cun signo icónico de orixe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. icona, 2ª acepción, no dicionario da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Icona_(comunicación)&oldid=4397718"