Illa das Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flores
Ilha das Flores
Baia da Alagoa Cedros Flores Azores.jpg
Baía da Alagoa na illa de Flores
Flores-pos.png
Localización da illa
Situación
PaísPortugal Portugal
Rexión autónoma de PortugalAzores
ArquipélagoIllas Azores
MarOcéano Atlántico
Coordenadas39°28′N 31°13′O / 39.467, -31.217Coordenadas: 39°28′N 31°13′O / 39.467, -31.217
Xeografía
Superficie143 km²
Longura máxima16´71 km.
Largura máxima12´26
Punto máis alto914 m. Morro Alto
Demografía
CapitalSanta Cruz das Flores
Poboación3 793 hab. (2011)
Densidade27 hab./km²
XentilicioFlorense, Florentino
Lingua propiaPortugués

A illa das Flores (en portugués, ilha das Flores) é unha illa do grupo occidental do arquipélago das Azores, Portugal. É o punto máis occidental de Europa e ten unha superficie de 143 km² e unha poboación duns 3 800 habitantese, xunto con Illa de Corvo do arquipélago occidental, atópase dentro do Placa de Norteamérica.

Historia[editar | editar a fonte]

O faro en Ponta do Albernaz, construído en 1925, para proporcionar seguridade ao longo da costa norte
Factoría baleeira de Boqueirãou, continuamente activa durante o final do século XIX e principios do século XX

A illa foi descuberta en 1452 por Diogo de Teive e o seu fillo Joãou de Teive. A illa foi colonizada nun principio polo nobre flamengo Willem van der Haegen (coñecido en Portugal como, Guilherme da Silveira). Van der Haegen chegara a Azores en 1469, e viviu durante un tempo na Illa do Faial, trasladándose despois a Illa Terceira, onde viviu uns anos antes de partir cara a Flores. Posteriormente abandonou Flores por estar a illa moi illada e non atoparse nas rutas navais cara a Europa, ademais a illa resultaba pouco fértil. Desta forma, o inicio do poblamiento permanente da illa realizouse durante o reinado do rei Manuel I de Portugal, no ano 1510, vindo os colonos principalmente do norte de Portugal. Orixinalmente a illa recibiu os nomes de São Tomás e Santa Maria.

A illa aparece cuberta de miles de hortensias no verán, sendo este a orixe do nome da illa.

No extremo norte da illa atópase o concello de Santa Cruz das Flores, sede do concello. Ao sur atópanse a vila de Lajes das Flores, tamén sede de concello.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Illa_das_Flores&oldid=5143788"