Instituto de Estudos Ulloáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo do IEU.
Cairón.

O Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) é unha entidade de ámbito comarcal que ten como obxectivos a divulgación e preservación cultural, patrimonial e paisaxística da Comarca da Ulloa; así como promover estudos sobre o Camiño de Santiago e impulsar a creación do Museo Etnográfico da citada Comarca, no centro xeográfico de Galicia.

Foi fundada en novembro de 2015 na aldea de Chorexe, parroquia de Pidre (Palas de Rei). As súas actividades teñen ámbito galego, mais centrándose basicamente na cultura dos tres concellos que conforman a comarca: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

O seu voceiro é a publicación Cairón, coordinada polo xornalista Daniel Salgado e que toma o seu nome dun verso de Lorenzo Varela, nado na Habana mais fillo de pai e nai de Monterroso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Instituto_de_Estudos_Ulloáns&oldid=4781861"