Interiores holandeses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Interiores holandeses é unha serie de tres pinturas realizadas por Joan Miró no verán de 1928 despois dunha viaxe por Bélxica e os Países Baixos, inspiradas polos pintores flamenglos do século XVII. O Interior holandés I é unha reinterpretación da obra O tanxedor de laúde de Martensz Sorgh (1661); o Interior holandés II é unha versión de Nenos aprendéndolle a bailar a un gato de Jan Steen (1665); e o Interior holandés III está inspirado na obra do mesmo autor, Moza no baño (1659). Aínda que esta non é a primeira vez que un pintor se inspira no traballo doutro, a relación entre os mestres da Idade de Ouro holandesa e un dos artistas máis vangardistas do século XX foi motivo de interese para os estudosos.[1]

Aínda que, a primeira vista, os Interiores holandeses non parecen gardar unha similitude coas súas obras flamengas de referencia, unha análise dos personaxes e obxectos pon de manifesto que Miró recolleu todos eles para representalos dentro da súa propia fantasía, tal como o demostran a serie de debuxos preparatorios.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Interiores_holandeses&oldid=5159306"