Isabel Carrasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Carrasco Lorenzo
Isabel Carrasco
Isabel Carrasco en setembro de 2011.

18 de xullo de 2007 – 12 de maio de 2014
Precedido por Francisco Javier García-Prieto Gómez
Sucedido por Por determinar

11 de xullo de 1995 – 17 de xullo de 2003
Presidente Juan José Lucas

Juan Vicente Herrera

Precedido por Fernando Becker Zuazua
Sucedido por Tomás Villanueva

11 de xullo de 2003 – 17 de xullo de 2007

Escudo de Castilla y León.svg
Procuradora das Cortes de Castela e León
por León
13 de xuño de 1999 – 27 de maio de 2007

Coat of Arms of the City of León.svg
Concelleira do Concello de León
Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2007

Datos persoais
Nacemento 1995
España Castela e León Campo y Santibáñez (Cuadros)
Falecemento 12 de Maio de 2014
(59 anos)
España Castela e León León
Partido Partido Popular
Pais España
Fillos Loreto (1979)[1]
Profesión Política, avogada
Alma máter Universidade de Valladolid

Isabel Carrasco Lorenzo, nada en Campo y Santibáñez (Cuadros, provincia de León) en 1955 e asasinada en León o 12 de maio de 2014[2], foi unha política española que desempeñou toda a súa carreira en Castela e León. Foi membro e presidenta do Partido Popular de León.

Asasinato[editar | editar a fonte]

Morreu tiroteada o 12 de maio de 2014, pola tarde[3][4], en plena vía pública da Cidade de León, en Castela e León, pouco antes de dirixirse a Valladolid a un mitin electoral.[5] A muller e a filla do inspector xefe da comisaría de Astorga foron detidas como presuntas autoras materiais do asasinato.[6][7] As primeiras investigacións apuntaron a unha vinganza como motivo do crime, xa que a detida de menor idade foi despedida do organismo provincial.[8]

Polémicas[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira política foi protagonista de distintas polémicas; foi condenada nos tribunais polo presunto amaño dunhas oposicións na Deputación de León,[9] foi acusada de pasar quilometraxe non realizado no erario público,[10] foi tamén polémico o seu aumento de soldo (un 13% en xulio de 2011), en plena crise económica e co respaldo do PSOE,[11] e foi tamén acusada de pagar tratamentos de beleza con diñeiro público.[12]

Tamén era coñecida como a muller dos trece soldos, acumulando 150.000 euros anuais.[13] Os cargos que chegou a ocupar foron os seguintes:

  • Presidenta do PP de León.
  • Concelleira do Concello de León.
  • Presidenta da Deputación de León.[14]
  • Presidenta do Consorcio do Aeroporto de León.
  • Presidenta do Instituto Leonés de Cultura.
  • Presidenta do Consorcio Provincial de Turismo.
  • Presidenta de Gersul.
  • Concelleira de Tinsa.
  • Concelleira de Caja España.
    • Concelleira da Asamblea Xeral de Caja España.
    • Concelleira de Viproelco.
    • Concelleira de Inmocasa.
    • Vicepresidenta de Invergestión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Loreto, la única hija de Isabel Carrasco, llega a la capilla ardiente". Telecinco. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  2. "Interior apunta a venganza personal como móvil del crimen a tiros de Isabel Carrasco". Diario de León. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  3. "Matan a tiros a la presidenta de la Diputación y del PP de León, Isabel Carrasco". El Mundo. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  4. "Muere a tiros en plena calle la presidenta de la Diputación de León, Isabel Carrasco". El País. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  5. "Matan a tiros a la presidenta de la Diputación y del PP de León". La Gaceta. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  6. "Una empleada despedida de la Diputación y su madre, detenidas como presuntas autoras". El Mundo. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  7. "Madre e hija planificaron durante semanas el asesinato de Carrasco". El Diario de León. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  8. "Una mujer y su hija detenidas por el crimen de Carrasco, una de ellas fue despedida de la Diputación". Diario de León. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  9. "Carrasco asegura ante el juez no conocer irregularidadesen las oposiciones de auxiliar". Diario de León. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  10. "Isabel Carrasco, investigada por malversación de fondos públicos". El Mundo. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  11. "Rajoy ya conoce la escandalosa subida de sueldo de la Presidenta de la Diputación de León". El Plural. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2011. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  12. "La presidenta de la diputación de León paga con dinero público sus tratamientos estéticos". El Economista. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  13. "Una política del PP ocupa 13 cargos en administraciones y empresas: gana 150.000 € al año". 20 minutos. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  14. Diputación de León. "Organigrama General de la Diputación de León". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 13 de maio de 2014. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Isabel_Carrasco&oldid=4985925"