Isla Cristina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isla Cristina
Flag of Isla Cristina Spain.svg
Escudo de Isla Cristina.svg
Localización
Isla Cristina en España
Isla Cristina
Isla Cristina
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía Andalucía
ProvinciaBandera de la Provincia De Huelva.svg Huelva
ComarcaCosta Occidental
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie49.36 km²
Demografía
Poboación21.324 hab. (2009)
Densidade433,72 hab./km²
Xentiliciohigueretero, -ra; isleño, -ña
Outros datos
Código postal21042
AlcaldeMaría Luisa Faneca (PSOE)
www.islacristina.es
Praia do Cantil, Isla Cristina

Isla Cristina é un municipio español situado na costa occidental da provincia de Huelva, Andalucía, a uns 7 km da fronteira portuguesa e encadrado na comarca da Costa Occidental. No ano 2009 contaba cunha poboación de 21.324 habitantes.[1] A superficie do municipio é duns 49,36 km².

As súas orixes remóntanse á fundación dunha colonia pesqueira por cataláns e valencianos tras o terremoto de Lisboa de 1755, que creceu ata obter o seu propio concello en 1833 e absorber despois ao antigo municipio de La Redondela en 1887.[2]

A actividade principal é a pesca, favorecida polo seu importante porto. A súa lonxa é a primeira por poxas de peixe fresco de Andalucía e a segunda por tonelaxe, só superada por Cádiz.[3] A actividade turística tamén ten unha presenza remarcable.

No termo municipal atópanse as Marismas de Isla Cristina, protexidas mediante a forma de Paraxe Natural, e tamén varias zonas de piñeiro e matogueira do cinto dunar costeiro pertencentes e xestionados por ICONA-INIA. Debido á súa orientación este-oeste, as postas de sol que acaban entre o mar e a terra serviron de inspiración a varios poetas, chegando a crear a ruta das postas de sol, con citas soadas de afamados poetas como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez ou Luis Cernuda.[4]

Demografía[editar | editar a fonte]

Pobación de Isla Cristina segundo INE desde 1900[5]
Fonte:INE
Gráfica elaborada por: Wikipedia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Nacional de Estadística
  2. "Historia de La Redondela". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2009. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  3. Análise da produción pesqueira rexional, 2006, Xunta de Andalucíaligazón=https://view.officeapps.live.com/op/embed.aspx?src=http%3A%2F%2Fwww.juntadeandalucia.es%2Fagriculturaypesca%2Fportal%2Fwww%2Fportal%2Fcom%2Fbin%2Fportal%2FDGPesca%2Fproduccionpesquerandaluza2006%2Fanalisis_produccion_regional_2006.doc&wdStartOn=1
  4. Ruta das postas de sol
  5. Instituto Nacional de Estadística (INE) (ed.). "Poboaciones de feito desde 1900 ata 1991. Isla Cristina (Huelva)". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2009. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Isla_Cristina&oldid=5096593"